[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Rosa León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosa León
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Concelleiro de Madrid
maio de 2004 – setembro de 2007 – Daniel Viondi → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, cantante, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJulia León
Eva León Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0508273 BNE: XX1037314 Editar o valor en Wikidata

Rosa León Conde, nada en Madrid o 4 de setembro de 1951, é unha cantante e política española.

Rosa León comezou a súa carreira musical na década de 1960 nunha formación chamada Rosa y Jorge, xunto con Jorge Krahe,[1] cantando en diferentes locais cun estilo que xa empezaba a anunciar unha certa crítica sociopolítica.

Tras gravar o seu primeiro sinxelo en 1972 ("Las cuatro y diez"), o ano seguinte, xa en solitario, gravou o LP titulado De alguna manera, que incluía varias cancións de Luis Eduardo Aute e versionaba dous poemas de Mario Benedetti.

En 1975 publicó Al alba, que incluía o tema homónimo, tamén de Aute.[1] Era unha canción de amor que Rosa León cantou como unha crítica soterrada ás últimas execucións do franquismo e por extensión á pena de morte.[2]

Despois de gravar o álbum Tiempo al tiempo en 1978, que non logrou resultados demasiados bos de vendas, Rosa León non volveu editar un disco ata 1983, con Rosa se está buscando en el espejo, que incluía o éxito "¡Ay paloma!". A partir dese momento editou con periodicidade, destacando o directo Amigas mías (1986) e catro discos dedicados ao público infantil.[3]

Nos últimos anos dedicouse máis á produción doutros artistas (El Consorcio,[4] María Dolores Pradera,[5] Clara Montes) que á interpretación.

Televisión

[editar | editar a fonte]

O primeiro contacto de Rosa León coa televisión tivo lugar en 1974 como colaboradora no programa infantil Cuentopos,[6] presentado por Tina Sainz, Manuel Galiana e Juan Diego. Sete anos despois repetiu con La cometa blanca, de Lolo Rico.

En 1987 presentou o programa musical A media voz, en Televisión Española,[7] e dous anos despois volveu dirixirse ao público infantil no programa Sopa de gansos.[8]

Política

[editar | editar a fonte]

Comprometida desde sempre con causas políticas, Rosa León ingresou no Partido Comunista de España en 1977. Posteriormente vinculouse ao Partido Socialista Obrero Español e entre maio de 2004 e setembro de 2007, foi concelleira en Madrid por ese partido.[9] A partir desa data colaborou co Ministerio de Cultura. Entre agosto de 2008 e 2011 foi directora do Instituto Cervantes en Casablanca[10] e posteriormente no de Dublín.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O pai de Rosa León foi Ángel León Gozalo, policía de profesión, varias veces campión de España de tiro. Obtivo a medalla de prata en tiro olímpico de 50 metros nos Xogos Olímpicos de 1952 celebrados en Helsinqui. As súas irmás son a tamén cantautora Julia León e a actriz Eva León.[1]

Rosa León matriculouse en Ciencias Económicas na Universidade Complutense de Madrid,[1] carreira que abandonou pola de Ciencias Químicas. Casou co director de cinema José Luis García Sánchez, e foron pais do tamén director de cinema Víctor García León.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • De alguna manera (1973)
  • Cuentopos (1974)
  • Al alba (1975)
  • Oído por ahí (1976)
  • Tiempo al tiempo (1978)
  • Rosa se está buscando en el espejo (1983)
  • Canciones para niños (1983)
  • Cuenta conmigo (1984)
  • Amigas mías (1986)
  • Y si partimos todo a la mitad (1986)
  • Rosa León (1988)
  • Canciones para niños 2 (1988)
  • Paloma desesperada (1989)
  • Mujeres (1992)
  • ¡Ay amor! (1992)
  • Los cochinitos (1995)
  • Canciones infantiles (2001)
  • Érase una vez (2006)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]