[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Roman de Rou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roman de Rou
Autor/aWace
LinguaLingua normanda e francés antigo
Xénero(s)crónica e libro cabaleiresco
editar datos en Wikidata ]

O Roman de Rou é unha crónica en verso, escrita en lingua normanda por Wace (s. XII). Conta a historia do ducado de Normandía dende a época de Rollón até a batalla de Tinchebray (1106). Está considerada a épica nacional de Normandía. Comezada en 1160, Wace fíxolle as súas derradeiras revisións cara a mediados da década de 1170.

A obra recibe o seu nome do propio líder dos normandos, Rollón, chamado Rou na súa lingua.[1]

Tras o éxito da súa obra anterior, o Roman de Brut, que narra a historia dos ingleses, Wace recibiu un encargo de Henrique II para elaborar un relato similar sobre as orixes dos normandos e a súa conquista de Inglaterra.[1] Wace comezou o seu traballo arredor do 1160, e realizou as derradeiras revisións a mediados da década de 1170.

A Roman de Rou é a epopea nacional de Normandía. Narra a historia dos normandos e dos viquingos dende os tempos de Rollón. Para alén de recoller os eventos históricos relevantes, Wace engadiu comentarios sobre a vida e o carácter dos personaxes, anécdotas, ou reflexións sobre o antagonismo entre os normandos e os franceses.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O Roman de Rou consta de tres partes:

  • A primeira parte, composta por 315 versos, é unha relación dos duques normandos en orde cronolóxica inversa (chamada Chronique Ascendante). Os especialistas consideran que se trata dun engado á obra orixinal de Wace.
  • A segunda parte está composta por 4.425 versos alexandrinos.
  • A terceira parte consta de 11.400 versos octosílabos.
  • Existe unha cuarta parte, de 750 versos, coñecida como Le Romaunz de Rou et des dus de Normandie, anexada nalgunhas edicións do texto. Parece ser unha versión primeira descartada, e logo integrada no texto final.

Para a elaboración do Roman de Rou, Wace empregou diversas fontes históricas, entre as que destacan as seguintes:

  1. 1,0 1,1 "Wace - Norman-French Poet, 12th-Century Historian - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-04-15. Consultado o 2024-04-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]