Rolls-Royce RB.183 Tay
Rolls-Royce RB.183 Tay | |
---|---|
Tipo | turboventilador |
Fabricante | Rolls-Royce |
Primeiro encendido | 1984 |
Principais aplicaciós | Fokker 70 Fokker 100 Gulfstream IV Gulfstream G350/G400/G450 |
Desenvolvido do | Rolls-Royce Spey |
O Rolls-Royce RB.183 Tay é un motor turboventilador de índice de derivación medio desenvolvido a partir do núcleo do RB.183 Mk 555 Spey e usando un ventilador escalado directamente a partir do Rolls-Royce RB.211-535E4 para producir versións cun radio de derivación de 3.1:1 ou maior. O compresor IP e a turbina de baixa presión deseñáronse usando tecnoloxía do programa RB.211.[1]
O motor encendeuse por vez primeiro en agosto de 1984.[2] O Tay 650 tiña unha nova turbina de alta presión que incorporaba tecnoloxía nova que fora probada no RB.211-535E4. Este motor tamén tiña un novo combustor para unha maior durabilidade.[1] A familia Tay family é usada en varios avións de pasaxeiros e grandes avións executivos, como a familia Gulfstream IV, o Fokker 70 e o Fokker 100, sendo a última versión usada para remotorizar Boeing 727-100.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rolls-Royce RB.183 Tay |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gunston, Bill. World Encyclopedia of Aero Engines. Cambridge, England. Patrick Stephens Limited, 1989. ISBN 1-85260-163-9