[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

RoKi Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rovaniemen Kiekko
Fundación2012
Cidade Rovaniemi,
Laponia
Finlandia Finlandia
EstadioLappi Areena
(3.500 espectadores)
LigaNaisten Liiga
DirectorFinlandia Juuso Toivola
AdestradorFinlandia Teemu Koivula
CoresAzul, amarelo e branco
                 

O Rovaniemen Kiekko Naiset, ou simplemente RoKi Naiset ou RoKi, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Dende 2020 compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 persoas.

O RoKi de Rovaniemi participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.[1]

En 2012 conseguiu o ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis, onde axiña se converteu nun equipo competitivo e exitoso. Finalmente, na primavera de 2020 o equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría, a Naisten Liiga.[2]

Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior.[1] Con todo cinco anos despois, na tempada 2019-20, o equipo de Rovainemi conseguiu o obxectivo de xogar cos mellores equipos femininos de Finlandia logo de gañar o seu grupo na Mestis e finalizar por detrás do Lukko na liga de clasificación. Esa tempada salientaron a nivel individual Essi Jaako, Jenna Hietala e Oona Parviainen.[1]

Para a tempada 2021-22 Rovaniemen Kiekko ry anunciou que comezaría a apoiar ás xogadoras do RoKi seleccionadas para os campamentos do equipo nacional e torneos de avaliación con bolsas dende uns poucos centos ata mil euros. Tamén ofreceu ás súas xogadoras na selección nacional a posibilidade de adestrar e xogar co equipo masculino. O adestrador de RoKi Naiset Tuomas Liitola sinalou que a meta a longo prazo era reducir os custos de xogo das xogadoras de RoKi a cero.[3]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 15 de febreiro de 2024.[4]

# Nac Xogador/a Posición[nota 1] S/G[nota 2] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1 Finlandia Saastamoinen, AnnikaAnnika Saastamoinen G E (17 anos)
31 Finlandia Kankaanpää, IinaIina Kankaanpää G E (17 anos)
35 Finlandia Väyrynen, AlexandraAlexandra Väyrynen G (26 anos)
3 Finlandia Salpakari, EmmaEmma Salpakari D D (25 anos)
5 Finlandia Heinonen, MariaMaria Heinonen D E (32 anos) Pyhäjärvi, Finlandia
16 Finlandia Penttilä, MatildaMatilda Penttilä D E (22 anos)
25 Finlandia Nikka, MaisaMaisa Nikka D (20 anos)
26 Finlandia Koski, OonaOona Koski D (19 anos)
28 Finlandia Pietilä, AadaAada Pietilä D (18 anos)
49 Finlandia Jatkola, JaninaJanina Jatkola D E (31 anos) Kittilä, Finlandia
98 Eslovaquia Mateickova, AlexandraAlexandra Mateickova D E (18 anos) Bratislava, Eslovaquia
0 Finlandia Kangas, Ida-SofiaIda-Sofia Kangas F E (18 anos)
7 Finlandia Tokola, IidaIida Tokola F (17 anos)
9 Finlandia Lappalainen, EmmaEmma Lappalainen (A) F E (19 anos) Inari, Finlandia
10 Finlandia Koukkula, MonicaMonica Koukkula F (24 anos)
11 Finlandia Säily, Sina-SafiraSina-Safira Säily F E (20 anos)
13 República Checa Kalová, AnnaAnna Kalová (A) F E (21 anos)
14 Finlandia Mustonen, RiannaRianna Mustonen F (17 anos)
15 República Checa Felcmanova, MagdalenaMagdalena Felcmanova F E (17 anos)
18 Finlandia Lappalainen, IidaIida Lappalainen (A) F E (19 anos) Ivalo, Finlandia
19 Finlandia Hihnala, ViiviViivi Hihnala F E (18 anos)
21 Finlandia Ollila, EveliinaEveliina Ollila (C) F E (35 anos) Sodankylä, Francia
24 Finlandia Lepola, JeminaJemina Lepola F E (18 anos)
29 Finlandia Keskisarja, MoonaMoona Keskisarja F E (20 anos) Nivala, Finlandia
68 Finlandia Pohjamo, IinaIina Pohjamo F E (19 anos)


Capitás do equipo

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia RoKi Naiset tivo catro capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Arja Oja, quen exerceu o liderado na pista durante as tempadas 2014-15 e 2015-16, mentres que Janina Jatkola é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de tres entre a 2016-17 e a 2018-19. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:[5]

Capitás de RoKi
Nome(s) Período
Arja Oja 2014 a 2016
Janina Jatkola 2016 a 2019
Ella Lahtela 2019-2020
Jenna Pirttijärvi 2020-2021

Adestradoras e adestradores

[editar | editar a fonte]

A principios de xuño de 2023 anunciouse que Teemu Koivula pasaría a ser o adestrador xefe do equipo para a tempada 2023-24 en substitución de Tuomas Liitola, que deixou o equipo a mediados do mes de maio para adestrar na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco.[6]

  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "RoKi" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  2. "Historiallinen syksy Rovaniemen lätkäfaneille: kausi alkaa liigajääkiekolla ensimmäistä kertaa ikinä". Yle.fi (en finés). 18 de agosto de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2020. 
  3. Kuivas, Eeva (9 de xuño de 2021). "Rovaniemen Kiekko alkaa tukea rahallisesti arvokisoihin ja maajoukkueleireille valittuja naiskiekkoilijoitaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  4. "KOKOONPANO RoKi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  5. "RoKi - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de setembro de 2020. 
  6. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]