[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Tordera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Tordera
Imaxe
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Parte deInner basins of Catalonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial1.085 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaMontseny, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSant Marçal de Montseny (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaSelva, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBlanes Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°48′13″N 2°25′05″L / 41.803521, 2.418014
41°39′03″N 2°46′39″L / 41.650939, 2.777482
Afluentes
Características
Dimensións61,5 (lonxitude) km
Medicións
Caudal5,01 m³/s Editar o valor en Wikidata

A Tordera é un río de Cataluña, España, que desemboca no mar Mediterráneo logo de 55 km de percorrido.

O Tordera nace na Font Bona, no Coll de Sant Marçal, no Parque Natural do Montseny. Logo de atravesar as comarcas do Vallès Oriental e La Selva, entra na do Maresme, para desembocar no mar Mediterráneo, formando o delta do Tordera, que ocupa unha área de 8 km², entre as localidades de Blanes e Malgrat de Mar.

A conca do Tordera, cos seus afluentes, esténdese por unha superficie total de 894 km². As correntes subterráneas son bastante máis importantes que as superficiais (no verán non leva auga na parte baixa superficial), e dela extraen auga moitas poboacións próximas á súa beira.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

De curto percorrido, cómpre destacar de entre eles:

Réxime hidrográfico

[editar | editar a fonte]

Posúe un réxime torrencial, típico de países mediterráneos.

Indubidabelmente o río era xa coñecido na época romana como o testemuñan algúns historiadores, tales Plinio o Vello, Estrabón e Claudio Tolomeo, aínda que o nome que lle apoñen non coincide; o máis coñecido puido ser o de río Tarno (Flumen Tarnum). Durante a época medieval se denomina Tordaria ou Torderia.

Espazos protexidos

[editar | editar a fonte]

Dentro da conca aparecen os seguintes espazos protexidos:

Poboacións nas beiras

[editar | editar a fonte]