[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Saja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Saja
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónQ6128014 Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°04′22″N 4°20′08″O / 43.0727, -4.3356
43°26′10″N 4°02′07″O / 43.4362, -4.0353
Afluentes
Características
Dimensións67 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.049,54 km² Editar o valor en Wikidata

O río Saja é un río da vertente cantábrica da Península Ibérica, que discorre completamente dentro da comunidade autónoma de Cantabria.

Nace na cara norte da Serra do Cordel a 1870 msnm, dentro da mancomunidade Campoo-Cabuérniga e desemboca no mar Cantábrico formando un amplo estuario, a ría de San Martín de la Arena, entre os municipios de Suances e Miengo.

No seu transcurso, forma os vales de Cabuérniga, Cabezón de la Sal e unha vez que une o seu curso co do río Besaya, tamén forma o val de Torrelavega que se estende até o mar.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Carta hidronímica do antigo indoeuropeo para a raíz *Sal-, *Salm-.

O nome do río Saja provén do hidrónimo latino Salia, cunha orixe que se remonta a linguas indoeuropeas como o celta ou preindoeuropeas.[1] [2]

O nome de Salia, co que se coñecía antigamente este río,[3] é unha herdanza que as linguas romances tomaron do hidrónimo latino Salia ou Saunium,[4] e que este á súa vez o recolleu da raíz indoeuropea *Sal - “auga”.[2] Esta mesma raíz aparece na orixe de numerosos hidrónimos europeos como os casos do Seille, afluente do Mosela na Galia, o río Hayle, en Britania, ou o río Sella en Asturias; todos eles denominados antigamente Salia.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
O Saja ao seu paso pola localidade de Saja no municipio de Los Tojos, Val de Cabuérniga
O río Saja no seu curso medio. Panorámica das mieses de Barcenillas e Ruente. Ao fondo a Hoz de Santa Lucía.
Ría de San Martín de la Arena desde Requejada (Polanco) até o mar Cantábrico.

O río Saja nace no collado de Cuencagén, na Serra de El Cordel, (límite meridional da Mancomunidade Campoo-Cabuérniga ao suroeste da comunidade autónoma de Cantabria) da unión dos canais de Renedo e o Cuadro ou de La Corva. Estas forman o río Guariza, o cal, tras recibir as augas do arroio de El Diablo, pasa a denominarse río Saja.[6]

O seu curso debuxa un grande arco, primeiro cara ao norte e logo cara ao nordeste, até a confluencia co Besaya na localidade de Torrelavega. A partir da unión co Besaya, volve a tomar dirección norte atravesando o municipio de Polanco para finar no mar Cantábrico tras percorrer un total de 72 km. Na desembocadura forma un grande estuario de 10 km de lonxitude que ocupa unha superficie de 3,9 km².[7][8][9][10][11]

Nacendo a 1870 metros de altitude, o río Saja discorre lizgairo por unha cunca en forma de uve durante os seus primeiros quilómetros. Ao chegar á altura de Fresneda, o val comeza a abrirse e desenvolve unha ampla chaira aluvial. Esta, salvo casos como a foz de Santa Lucía, a de Virxe de La Peña e gran parte do tramo que discorre polo municipio de Reocín, cada vez é máis grande a medida que avanza cara á desembocadura. Finalmente, as súas augas fúndense coas do mar nun amplo estuario.

Curso alto

[editar | editar a fonte]

O curso superior do río Saja vai desde o seu nacemento, entre Cuencagén e las Terreras del Cuadro até a poboación de Fresneda.[6][7]

No seu camiño atravesa prados de Sejos, zona de pendente non moi pronunciada, para ir aumentando progresivamente a súa inclinación e formar un angosto val de pedra calcaria con abundantes rápidos e saltos de auga. A vexetación, escasa na parte alta, tórnase moi espesa conforme o río se vai avanzando, confundíndose o bosque de ribeira co característico bosque caducifolio da zona cunha clara predominancia de faias.

Neste tramo únense as corrente da canal del Infierno, canal de la Costanilla, río Cambilla, barranco do Sel de San Martín, río Argoza e o canal de Valfría.

Curso medio

[editar | editar a fonte]

Tras a incorporación pola marxe dereita do río Argoza, o río continúa varios quilómetros encaixado nun val de pendente máis ou menos pronunciada até abrirse á altura do pobo de Fresneda. Neste punto, a pendente descende e o val ábrese dando lugar a unha chaira de inundación, ocupadas por numerosos pobos e praderías. Posteriormente, choca coa serra de El Escudo na súa marxe esquerda, dando lugar a ladeiras algo máis escarpadas que conservan abundante vexetación de ribeira.

Neste tramo únense ao leito principal os afluentes: canal de Valfría, río Viaña, arroio Rubial, río Barcenillas, río Monte Aa, a Fuentona de Ruente e o río Bayones, río Pulero, río Rey, arroio da Fuente del Ojo, río Ceceja.[8][9]

Curso baixo e desembocadura

[editar | editar a fonte]

Neste tramo, a única incorporación importante ao río Saja é o río Besaya, que se lle une na localidade de Torrelavega.

Finalmente o Saja desemboca na ría de San Martín de la Arena, un estuario de 10 km de lonxitude, navegable case na súa totalidade, que ocupa unha superficie de 3,9 km² entre os municipios de Suances, Polanco e Miengo.[10][11]

O tramo máis interior do estuario, de carácter case completamente fluvial, comeza entre Viveda e Barreda e soporta unha gran presión industrial. Esta vaise atenuando no seguinte tramo coñecido como Vuelta Ostrera, onde existe unha depuradora de augas residuais. A medida que se avanza cara ao mar intensifícase a vexetación e encóntrase a zona denominada La Riberuca, onde existen escolleras abertas en distintos puntos, que se suceden até a fin da ría. O tramo final do estuario contén e é entrada ao porto de Suances.

A boca da ría está delimitada pola Punta del Toro e a Punta de Afuera, que son á súa vez os límites setentrionais da enseada de La Concha, na cal se encontran as praias de La Concha e Marzán.[12]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río ten unha lonxitude de 72 km e un caudal medio na desembocadura de 24,65 m³/s, do cal aproximadamente a metade (12,1 m³/s) corresponde ao río Besaya.

O río Saja xunto ao Besaya forman a Cunca Hidrográfica Saja-Besaya que cunha extensión de 1025,5 km²,[13] é a maior cunca que existe en Cantabria, ocupando case o 20% da rexión. Esta cunca recibe unha precipitación anual de 1214,3 hm3 e rexistra unha achega de 777,5 hm3, o que representa na desembocadura, un caudal bruto de 24,65 m³/s.[14]

Os seus límites occidental e oriental están definidos polas divisorias coas cuncas dos ríos Nansa e Pas, respectivamente. Polo sur o límite márcao a divisoria coa cunca do río Ebro e polo norte, limita cun conxunto de pequenas cuncas que verten as súas augas directamente ao mar Cantábrico e co mar Cantábrico.

Sen ter en conta a cunca do río Besaya, a subcunca do Saja presenta unha extensión de 558 km², englobando os termos municipais de Los Tojos, Cabuérniga, Ruente, Mazcuerras, Cabezón de la Sal, Reocín, Torrelavega, Polanco e Suances. Os principais núcleos de poboación que atravesa son Cabezón de la Sal (8234 hab. en 2012) e Torrelavega (2ª cidade máis poboada de Cantabria con 55.297 hab. en 2012).

Principais afluentes

[editar | editar a fonte]

Os afluentes do Saja, ao igual que sucede coa maior parte dos ríos de Cantabria, teñen un percorrido bastante curto, debido á orografía da rexión e vense afectados por unha forte estiaxe, chegando incluso a secarse durante o verán. A maioría dos afluentes do Saja desembocan nel pola súa marxe dereita.

Táboa de afluentes do Saja

[editar | editar a fonte]
O río Saja e os seus afluentes
Ramal Nome afluente Fonte Lonxitude (km) Cunca (km²) Caudal (m³/s) Tramo
- D río Guariza las Terreras del Cuadro (Serra do Cordel) Val de Cabuérniga
- D barranco de Cotera la Fuente ou canal de El Infierno Serra do Cordel 6,78 9,28
- D río Cambilla las Carizosas (Palombera) 7,98
- D río Argoza Fuentes 22 124,8 3,28
E - canal de Valfría Caorra (monte de Valfría)
- D río Viaña Alto de Roiz (monte de Viaña) 9,3
E - arroio Madrid Invernal de Pascual
- D río Barcenillas El Cabíu (monte río La Miña) 5,26
E - río Monte Aa Tierra Arada (monte Aa)
- D La Fuentona de Ruente Ruente 2
- D río Bayones Tordías (monte Ucieda) 11,33
E - río Pontonilla 7,98 val de Cabezón de la Sal
- D río Pulero Castro Cerezu (Mozagro) 5,24
- D arroio de Las Navas brañas de Entre Guisos
- D río Ceceja el Toral 7,23
E - río Besaya 58 467,5 Torrelavega

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A conservación ecolóxica do río, é moi boa desde a cabeceira até a localidade de Cabezón de la Sal, punto a partir do cal presenta xa lixeiras alteracións catalogándose o seu estado de conservación como bo. Augas abaixo da confluencia co río Besaya as alteracións son xa graves ou moi graves sendo catalogado o tramo como mal conservado.[15] Isto é debido a que a conca aloxa unha zona altamente industrializada na que ás verteduras legais hai que sumar numerosas verteduras ilegais que se veñen realizando historicamente.

Presións e impactos no río Saja

[editar | editar a fonte]

Aínda que as alteracións no río non son moi numerosas, algunhas delas posúen unha importante magnitude, especialmente as que se concentran no tramo medio e baixo do río.[16]

O río Saja é un dos que máis encauzamentos rexistra en toda Cantabria, ademais de posuír 11 captacións e 20 encoros, que xunto ás numerosas pontes (31) alteran significativamente o réxime hídrico, a continuidade do sistema e as condicións hidromorfolóxicas do leito.

As numerosas e importantes verteduras de augas residuais industriais e urbanas son as principais responsables da deterioración xeneralizada da calidade das augas especialmente a partir de Puente San Miguel e Torrelavega. Cabe resaltar que, ademais de recibir as augas residuais sen depurar do segundo núcleo de poboación de Cantabria, nas marxes do río encóntranse diversas industrias contaminantes (Textil Santanderina, Azsa, Firestone, Sniace), a maioría incluídas no rexistro EPER.

Finalmente, na cunca baixa atópanse extensas poboacións de plumeiro e polígono xaponés, plantas invasoras que representa unha ameaza para as especies nativas propias da ribeira, debido á súa elevada capacidade de propagación e difícil erradicación.

A pesar desta situación, o tramo alto do río até Renedo de Cabuérniga, está pouco alterado e ten elevado interese ambiental, mantendo amplas áreas en moi bo estado de conservación.

Espazos protexidos

[editar | editar a fonte]

LIC Río Saja: Comprende o curso principal do Saja augas arriba da ponte de Santa Lucía, e os seus principais afluentes como o río Argoza. Foi incluído en 2006 dentro da rede de espazos naturais de Cantabria como lugar de importancia comunitaria río Saja.[17]

Entre as especies máis representativas encontramos o cangrexo de río (Austropotamobius pallipes), a lontra paleártica (Lutra lutra) ou a toupa de río (Galemys pyrenaicus).

Parque natural Saja-Besaya: Gran parte da cunca alta intégrase dentro deste parque declarado parque natural en 1988 e que se ocupa 24.500 ha. entre as cuncas do río Saja e o Besaya.[18]

Reserva rexional de caza Saja: A cunca alta do río Saja e parte da cunca media encóntrase dentro desta reserva que con 180.186 ha é a máis grande de España, estendéndose desde os Picos de Europa até o límite oriental do río Besaya.[19]

Parque natural de Oyambre: A ría de San Martín, xunto á próxima illa de La Conejera e illotes contiguos e outra serie de espazos costeiros cántabros, forman este parque que ten especial importancia para diversos grupos de aves que pasan alí o inverno.

O enclave foi declarado Parque natural en 1988, como fin dun proceso de presión do movemento ecoloxista e popular que desde os anos setenta loitaba contra os proxectos urbanizadores que poñían en perigo as dunas e a praia de Oyambre.[20][21]

ZEPA Serra do Cordel e fontes do Nansa e Saja: A cabeceira do Saja xunto á da do Nansa está incluída nas Zonas de Especial Protección para as aves (ZEPAS) ademais de ser parte do Plan de Recuperación do Oso Pardo en Cantabria.

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

Os numerosos espazos de protección que atravesa o río Saja amosan o seu importante valor ecolóxico, tanto de fauna como de flora.

Véxase tamén: Fauna de Cantabria.

Na contorna fluvial do río Saja detectáronse máis de 30 especies diferentes de fauna vertebrada entre peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.[22]

Peixes como a anguía, o foxino, a troita común ou a troita arco da vella, son comúns no leito do río, ao igual que anfibios como a píntega, os tritóns alpino, palmado e xaspeado, os sapos común e parteiro común ou as ras vermella e común, e algúns crustáceos como o cangrexo sinal ou o cangrexo de río americano.

Tamén se poden encontrar réptiles como a cobra de colar ou a cobra viperina e pequenos mamíferos como a lontra, o morcego das ribeiras, a marta, a musaraña, o tourón, a garduña ou a escasísima toupa de río.

En canto á avifauna o picapeixe, a andoriña das rochas, a lavandeira cinsenta e a branca, o merlo acuático, o corvo mariño, a garza real e a garzota, o lavanco, o falcón pequeno, a galiña de auga e o bilurico das rochas son as especies máis comúns.

Fóra da marxe do río na fonte do Saja a fauna é a propia da cordilleira Cantábrica, sendo moi abundantes os cervos, corzos e porcos bravos. Tamén destacan o lobo e os rebezos nos cumios próximos ao nacemento do río, así como numerosos micromamíferos.

Ten especial importancia o caso do oso pardo, en perigo de extinción, cunha presenza esporádica, pero regular, no sector suroeste. Outras especies protexidas que se encontran na cunca son o leirón rabudo, o tourón e o gato montés.

Nesta área hai arredor dun centenar de especies nidificantes, entre as que se encontra a aguia real, a aguia albela, o miñato real, o miñato común ou o voitre leonado.

Véxase tamén: Flora de Cantabria.
Instantánea dun faial no Parque natural do Saja-Besaya.

A vexetación varía ao longo do percorrido do río onde as condicións máis suaves da costa contrastan coas dos vales altos e os cumios.

Nas partes máis altas da cunca, por encima dos 1200 metros de altitude, a presenza de arboredo é moi escasa, case nula por encima dos 1400 metros, limitándose exclusivamente a bidueiros, acivros e capudres, aínda que son abundantes os toxos e breixos que se alternan con zonas de pasto de alta montaña.

A faia é predominante na franxa entre os 600 e os 1200 metros de altitude,e formando amplos bosques como o do Monte de Saja cunha extensión de máis de 6500 hectáreas. O carballo, rebolo (Quercus pyrenaica) ou albariño (Q. petraea), prefire as altitudes entre os 300 e os 700 metros. As mellores carballeiras están no termo municipal de Ruente nos montes de Ucieda e monte Aa, sendo este último unha das mellores carballeiras de Cantabria, grazas ao clima local do que goza por estar ao sur da serra do Escudo.

Acompañando estas especies principais atópanse outras como o bidueiro, o mostajo, o olmo, o cancereixo, a abeleira, a abruñeira, o acivro, o freixo ou o salgueiro. No monte de Barcena Mayor quedan algúns pés illados de teixo. O mato de substitución dos bosques descritos intégrano fundamentalmente breixos nas partes altas e toxos e silvas nas medias e baixas. Os fieitos están ben representados con dúas especies diferentes, Pteridium aquilina nas zonas máis soleadas e Polistichum fillixmas nos vales umbrosos e húmidos.

Case a totalidade das zonas chairegas e os cotos e outeiros son ocupados por pastos, de grande importancia para a gandaría extensiva e as especies de interese cinexético.

No val de Cabuérniga as marxes do río caracterízanse polos bosques de ribeira de amieiros, salgueiros e abelairas, ocasionalmente acompañados de plantacións de chopos.

A partir da foz de Santa Lucía, a vexetación cambia considerablemente desaparecendo case por completo as mostras de arboredo autóctono, que se ven substituídas por plantacións de eucalipto e piñeiro. De igual maneira, a predominancia dos pastos comunais e prados sobre o terreo urbano invértese.

Aproveitamento hidráulico

[editar | editar a fonte]

O aproveitamento hidráulico do río foi intenso na antigüidade con multitude de batáns e muíños. Mostra diso é que só no val de Cabuérniga contabilizábanse no século XVIII vinte e catro muíños e dous batáns.[23] Actualmente redúcese ao aproveitamento industrial existindo dous encoros no curso do río.

O de maior relevancia é o chamado encoro de Sniace, que se atopa augas arriba da confluencia co río Besaya.

Se continuamos augas arriba encontrarémonos coa presa de Santa Lucía, que se atopa na foz do mesmo nome que cerra o Val de Cabuérniga. Trátase dun encoro construído no punto no que se une ao Saja o río Bayones, que ten a finalidade de producir enerxía eléctrica por parte da empresa Textil Santanderina.

  1. Aja Sánchez, José Ramón (2008). Universidade de Cantabria, ed. Los cántabros en la antigüedad: la historia frente al mito. ISBN 9788481024722.
    «Pero igualmente parecen atestiguarse – Por debajo de la intensa celtización de la etnia cántabra en relacción con el mundo celtibérico unos nombres indoeuropeos atribuibles a una etapa protocéltica antigua: así, el propio nombre de los cántabros, u otros como el hidrónimo Salia o los gentilicios Pembelli o Pentusii.»
      Carácter salto de liña en |cita= na posición 43 (Axuda)
  2. 2,0 2,1 Villar, Francisco (2000). Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania prerromana. p. 291. ISBN 9788478009688.
    «La forma simple *Sal- es la raíz indoeuropea del «agua estacionada», del «mar» y de la «sal» [10]. Na súa forma simple é moi común na hidronimia, e non sería lexítimo atribuírlla a unha soa lingua indoeuropea porque moitas delas conservaron viva a palabra no seu vocabulario apelativo e poden polo tanto ter xerado topónimos Sal-[11]. Naturalmente entre elas están as linguas célticas, de maneira que algúns dos topónimos paleohispánicos aquí recollidos poden ser e probablemente sexan de feito celtas.»
    [10] J. Pokorny IEW, pp 878-879.
      Carácter salto de liña en |cita= na posición 43 (Axuda)
  3. Así o recollen textos medievais desde o s.X, como os recollidos no Cartulario da antiga abadía de Santillana del Mar, datados do ano 987:
    [...] illa coba qui est in Ripa de Salia flumine, ubi diçitur Golbardo qui est in territorio Carançiella [...]
  4. Salia en tempos de Plinio o Vello e Saunium segundo Pomponio Mela:
    [...]Per Blendios et Salaenos Saunium, per Avariginos et Orgenomescos Namnasa descendit et Deva Tritino Bellunte cingit et demum Aturia, sonans Sauga et Megrada.[...]
  5. Maroñas García, Jesús J. (1999). Fundación Centro de Documentación Etnográfica (CEDESC), ed. Onomástica de Cantabria - Los nombres de persona cántabros. Santander (Cantabria). ISBN 8493103101. 
  6. 6,0 6,1 Instituto Geográfico Nacional (2010). "Mapas IGN, folla 82 IV Espinilla. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Instituto Geográfico Nacional de España (1995). "Mapas IGN, folla 82 II Los Tojos. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 Instituto Geográfico Nacional de España (2012). "Mapas IGN, folla 57 IV Valle. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  9. 9,0 9,1 Instituto Geográfico Nacional de España (2012). "Mapas IGN, folla 57 II Cabezón de la Sal. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  10. 10,0 10,1 Instituto Geográfico Nacional de España (1999). "Mapas IGN, folla 34 III Torrelavega. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  11. 11,0 11,1 Instituto Geográfico Nacional de España (1999). "Mapas IGN, folla 34 I Suances. Serie MTN25". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  12. Tofiño de San Miguel, Vicente (1849). Imprenta Nacional, ed. Derroteros de las costas de España, de Portugal, y de las Islas Azores o Terceras en el Océano Atlántico. Madrid. p. 55. 
  13. Confederación hidrográfica do Cantábrico (xuño de 2013). "Plan Hidrológico de Cuenca ANEJO II. Inventario de recursos hídricos. Demarcación Hidrográfica del Cantábrico Occidental" (PDF). Plan Hidrológico de la Demarcación Hidrográfica del Cantábrico Occidental: 13. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  14. V.A. (1985). Cantabria SA. Santander, ed. Gran enciclopedia de Cantabria (Tomo I). p. 264. ISBN 8486420016. 
  15. "Descripción de la cuenca del Saja-Besaya - Diagnóstico ambiental". medioambientecantabria.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro del 2013. 
  16. "Descripción de la cuenca del Saja-Besaya -Análisis de Presiones e Impactos". medioambientecantabria.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  17. Parlamento de Cantabria (1 de xuño de 2006). BOC nº105, ed. "Lei de Cantabria 4/2006, do 19 de maio, de Conservación da Natureza de Cantabria". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  18. Parlamento de Cantabria (31 de maio de 1988). Boletín Oficial de Cantabria nº108 (BOC), ed. "Decreto 25/1988, do 25 de maio, sobre declaración de parque natura "saja-Besaya"" (PDF). [Ligazón morta]
  19. Parlamento de Cantabria (2 de agosto de 2006). BOC nº148, ed. "Lei de Cantabria 12/2006, do 17 de xullo, de Caza de Cantabria". Consultado o 2 de outubro de 2013. Con esta Lei cambiouse o nome orixinal "Reserva nacional de Caza Saja"por "Reserva rexional de Caza Saja" 
  20. Goberno de Cantabria (21 de novembro de 1988). BOC nº27, ed. "Lei 4/1988, do 26 de outubro, pola que se declara «Oyambre», Parque Natural". Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  21. Martínez, Beñat (2006). "Cantabria, la Marbella del norte". Tiempo. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  22. Red Cambera, ed. (24/01/2012). "Proyecto Ríos. Informe anual 2012" (PDF). Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  23. Sánchez García, Tomás (2006). Imprenta Nacional, ed. Viaña de Cabuérniga, cien años de historia, 1750-1850. Madrid. Relación de bens dos concellos. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VV. AA. (1985); Gran Enciclopedia de Cantabria. Editorial Cantabria SA. Santander.(8 tomos). Y VV. AA. (2002); tomo I. Editorial El Diario Montañés.
  • VILLAR, Francisco (1991): Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid. ISBN 84-249-1471-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]