[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Murray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Murray
(en) Murray River Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Continentecontinente australiano Editar o valor en Wikidata
País da cuncaAustralia Editar o valor en Wikidata
División administrativaAustralia Meridional e Nova Gales do Sur, Australia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAlpes australianos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°47′46″S 148°11′40″L / -36.7961, 148.1944
35°33′32″S 138°52′48″L / -35.5589, 138.88
Afluentes
23
Conca hidrográficaBacia Murray-Darling (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.508 (lonxitude) × 2.530 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.061.469 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal767 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Murray (en inglés, Murray River) é un dos principais ríos de Australia, que percorre 2375 km, dende que nace na Gran Cordilleira Divisoria ata que desemboca no océano Índico, preto de Adelaida; porén, cun dos seus afluentes, o río Darling, o sistema Murray-Darling alcanza os 3672 km.[1]

Despois de nacer nos Alpes Australianos, atravesa o sueste do país e desemboca no océano Índico preto de Adelaida despois de que desemboquen nel dous grandes afluentes: o río Murrumbidgee e sobre todo o río Darling. Aínda que é o segundo río máis longo de Australia, o río presenta un pequeno caudal para un río desta importancia debido ás poucas precipitacións que caen polas rexións que atravesa e á utilización das súas augas para a agricultura e para abastecer ás cidades que se atopan ás súas beiras.

O río Murray, moi presente na mitoloxía dos aborixes australianos (que o chamaban Millewa), foi explorado ó longo da primeira metade do século XIX polos europeos instalados no país, e desempeñou máis tarde un importante papel en Australia grazas a ser navegable polos barcos de vapor e a permitir o desenvolvemento das actividades agrícolas. A súa fauna e flora endémicas ofrecen un patrimonio rico e natural, ameazado na actualidade pola introdución de especies invasoras e pola sobreexplotación das súas augas.

  1. Datos obtidos na entrada «Longest Rivers», en «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, con datos de setembro de 2008 obtidos sobre a National Topographic Database, unha base dixitalizada de toda Australia a escala 1:250.000. En concreto, o río continuo fluvial máis longo de Australia é o sistema formado polo curso inferior do río Murray (828 km), todo o curso que leva o nome de río Darling (1.472 km) e o sistema Condamine/Balonne/Culgoa (1.372 km), as fontes do Darling. Dispoñible en: [1]. A Enciclopedia Británica aínda recolle unha lonxitude de 2.530 km.