[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Huerva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Huerva
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSierra de Cucalón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Ebro Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°59′37″N 1°03′51″O / 40.9935, -1.0642
41°39′11″N 0°51′53″O / 41.6531, -0.8648
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións128 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.020 km² Editar o valor en Wikidata

O Huerva (Uerba en aragonés) é un río español que ten o seu curso na comunidade autónoma de Aragón. É afluente do río Ebro, ao cal se une pola súa marxe dereita, despois de percorrer 128 km.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace en Fuenfrida, na serra de Cucalón (Sistema Ibérico) na provincia de Teruel. Dirixe o seu curso de S a N, con curso sinuoso. Logo de atravesar as localidades de Vistabella de Huerva, Villanueba de Huerva, Muel, Botorrita, Cuarte de Huerva, Cadret e máis María de Huerva, atravesa a cidade de Zaragoza, na cal rende as súas augas no Ebro.

Explotación industrial

[editar | editar a fonte]

Á parte do seu aproveitamento para regadío, sobre o Huerva se levantan dous encoros: o de Mezelocha e o de Las Torcas.

Curiosidade lingüística

[editar | editar a fonte]

Na mesma capital, Zaragoza, é denominado La Huerva, exemplificando a consercación do xénero feminino que teñen moitos ríos en aragonés, noutros idiomas románicos e en latín.