[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Kasai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Kasai
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRepública Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaKongo-Central, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Congo Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°57′37″S 19°18′56″L / -10.9603, 19.3156
3°10′35″S 16°11′48″L / -3.1765, 16.1967
Afluentes
Rio Cuango (pt) Traducir, Rio Sankuru (pt) Traducir, Rio Cuílo (pt) Traducir, Luluwa (en) Traducir, Fimi River (en) Traducir, Lukibu (en) Traducir, Lutshuadi River (en) Traducir, Rio Luachimo (pt) Traducir, Loange River (en) Traducir, Lweta (en) Traducir, Rio Tchicapa (pt) Traducir, Luele River (en) Traducir, Kamtsha River (en) Traducir, Lubue River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca fluvial do Congo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.272 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica880.200 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal12.000 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Kasai (escrito en portugués Cassai) é o máis importante dos afluentes do río Congo, que o recibe pola súa beira esquerda. A súa lonxitude é de 2.153 km.

Segundo as zonas que atravesa o Kasai recibe diversos nomes: Kassabi, Ibari, Nkutu, Kassai, Cassai e Kwa.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Kasai nace nas alturas de Bie, en Angola. Desde aí flúe en dirección leste, até a fronteira coa República Democrática do Congo, onde vira bruscamente uns 90º cara ao norte, e forma por uns 400 km o límite natural entre ambos países. Neste tramo fórmanse numerosas illas fluviais e atinxe até 10 km de ancho. Continúa en dirección norte cara á bacía do Congo, até que vira ao noroeste, recibindo ao norte de Bandundu un importante afluente: o Kwango. Cando entra no seu curso inferior, recibe o nome de Kwa. Acaba por desaugar no Congo a uns 170 km de distancia da capital do país, Kinshasha. Pola extensión da súa cunca fluvial, o Kasai ocupa o 32º posto entre as do mundo.

No seu curso sitúanse dúas grandes cascadas: as de Poge (ca. 6º 40' de latitude), e as de Wissmann (a uns 5º 50' de latitude)

O caudal medio do Kasai é duns 12.000 m³/s, mais na temporada de grandes chuvias é moi superior (até 4 veces máis).

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os tributarios principais do Kasai son os da súa beira esquerda: Kwango, Luembe, Luatschim, Chikapa e o Lovua.

Pola dereita recibe augas dos ríos Fimi, Sankuru, Lulua, Lueta e Lukenje (co Msini e o Ikatta).

[editar | editar a fonte]

O Kasai é unha importante vías de comunicación para a República Democrática do Congo, pois contando cos seus afluentes conforma unha rede de sobre 3.500 km de augas navegábeis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]