[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Puerto del Rosario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPuerto del Rosario
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°30′00″N 13°52′00″O / 28.5, -13.86667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalPuerto del Rosario Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación43.390 (2023) Editar o valor en Wikidata (149,62 hab./km²)
Xeografía
Superficie290 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMarcial Morales Martín Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35600 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35017 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpuertodelrosario.org Editar o valor en Wikidata

Puerto del Rosario é un municipio español, capital da illa de Fuerteventura, provincia das Palmas, Canarias. Forma unha franxa desde a costa oeste á leste.

Segundo varios autores, o casarío inicial de Puerto de Cabras estableceuse cara a finais do século XVIII e desenvolveuse en paralelo ao crecemento do tráfico marítimo do seu porto, declarado habilitado para a exportación en 1713.

En 1812 as Cortes de Cádiz iniciaron unha serie de cambios entre os que se incluía a creación de novos municipios, establecéndose en Fuerteventura un por cada parroquia existente naquel momento. Así xurdiron Antigua, Betancuria, Casillas del Ángel, La Oliva, Pájara, Tetir e Tuineje, sendo Puerto de Cabras dependente de Tetir.

Anos despois, o 30 de decembro de 1834, mediante Orde Gobernativa, créase o municipio, independente de Tetir, comezando a funcionar como tal o 1 de febreiro de 1835 con Lázaro Rugama Nieves como primeiro alcalde. Durante ese ano, delimitouse o termo municipal, entregándose oficialmente o 13 de febreiro de 1836. Dez anos despois, o 12 de agosto de 1846 os municipios de Casillas del Ángel, Puerto de Cabras e Tetir, ratificaron o deslinde.

Imaxe de Playa Blanca con marea alta.

Aos poucos vanse instalando no municipio as distintas institucións da administración e o goberno, converténdoo en capital en 1860, substituíndo a Betancuria, capital da illa ata entón.

Entre os anos 1876 e 1899 xorden unha serie de conflitos territoriais entre Tetir e Puerto de Cabras, que finalmente foron resoltos a favor de Tetir. Anos máis tarde, chega unha nova demarcación da capital da illa e así Tetir e Casillas del Ángel pasan a ser parte do termo municipal como Distritos Censales o 24 de xuño de 1925 e o 21 de setembro de 1926 respectivamente.

En 1936 o coronel Jesús Ferrer Gimeno, gobernador civil, ordena mediante a circular 630 a disolución do concello republicano e establece unha Comisión Xestora integrada por Esteban Domínguez Cabrera, Luis Rodríguez de Vera, Isidro González Díaz e Benito Herrera Cruz. A comisión xestionou o municipio ata o 6 de febreiro de 1949, momento no que tomaron posesión do seu cargo os novos concelleiros elixidos por decreto o 30 de setembro de 1948.

O 19 de febreiro de 1954 o Consello de Ministros aproba a Carta Económica Municipal dos concellos de Fuerteventura, permitindo o saneamento da economía municipal. Nesta época, empeza a exporse a necesidade de cambiar de nome ao municipio, cambio que se aproba no Consello de Ministros o 16 de marzo de 1956, pasando a chamarse Puerto del Rosario, nome que mantén actualmente.

Durante os anos 1960, moitos habitantes da illa emigran a outras illas e ao Sáhara e a capital vai crecendo aos poucos debido á chegada de xente procedente dos pobos do interior.

En 1976, tras a morte de Franco e coa descolonización do Sáhara, o Terzo Don Juan de Austria 3º da Lexión, ao mando do Coronel Pallás, chega a Puerto del Rosario, permanecendo na illa ata 1995. Sendo ben recibida ao principio, aínda que non por todos os seus habitantes, a chegada da Lexión trouxo, por unha banda, a dinamización da economía tanto da capital como da illa no seu conxunto, e por outra, os problemas e conflitos propios dun repentino crecemento da poboación.

Coa transición chega unha perda de interese pola política municipal que se fai patente coa chegada a alcalde en 1979 de Fermín Vera Moséguez tras renunciar ao posto os alcaldes anteriores. A pesar das dificultades desta época, Puerto del Rosario iniciou a etapa democrática na que se atopa hoxe en día.

Na actualidade, varios colectivos e personalidades defenden a recuperación do antigo nome da capital, Puerto de Cabras.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os seus principais núcleos de poboación son Puerto del Rosario, Casillas del Ángel (termo independente ata 1926), Tetir (termo independente ata 1925) e La Asomada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
506 3.441 4.252 6.680 13.878 21.274 35.702

Entre as súas praias destacan as de Jarugo, Puerto Lajas e Playa Blanca, que ofrecen as condicións necesarias para a práctica de deportes acuáticos como o surf e o windsurf. No seu territorio atópanse dous espazos naturais protexidos, o Parque Rural de Betancuria e a Paisaxe Protexida de Vallebrón, que se estenden tamén por outros municipios.

Transportes

[editar | editar a fonte]
Terminal de pasaxeiros do Aeroporto de Fuerteventura.

Aeroporto

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aeroporto de Fuerteventura.

É o principal punto de acceso á illa. As súas instalacións están capacitadas, segundo Aena, para dar servizo a cinco millóns de pasaxeiros ao ano (entre chegadas e saídas). Atópase situado en El Matorral, a cinco quilómetros de Puerto del Rosario. Está conectado aos distintos municipios mediante varias liñas de guaguas (autobuses).

A actividade principal do porto de Puerto del Rosario é o tráfico de mercancías aínda que as súas instalacións permiten a atracada de cruceiros turísticos. Actualmente estase ampliando e construíndo un porto deportivo.

Desde Puerto del Rosario saen as dúas vías principais da illa. A FV-1 une a capital con Corralejo, ao norte, e a FV-2 con Jandía, ao sur. Ambas as estradas discorren bordeando a costa da illa.

O crecemento de Fuerteventura fixo que estas vías se vexan saturadas e cun alto índice de sinistralidade. Por iso, estanse levando a cabo melloras en distintos tramos desta estrada que, no futuro, preténdese converter no eixo norte-sur que una Morro Jable con Corralejo.

Actualmente estase finalizando a construción dunha estación de guaguas. Esta estación, que contará con espazo para 15 guaguas normais e dúas articuladas de grandes dimensións, dará servizo tanto ás municipais como ás liñas que unen as distintas poboacións da illa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]