[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pudia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pudia, tamén coñecida coma piorno pudio ou xesta pudia[1] (Genista florida) é unha especie de piorno fanerógamo pertencente á familia das fabáceas. En Galicia aparece a subespecie Genista florida subsp. polygaliphylla.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Arbusto moi ramificado que pode acadar os 3 m. Os talos teñen entre 8 e 10 costelas en forma de T lixeiramente pilosos. Follas alterna enteiras, dun só folio lanceolado e con estípula. Florea en acios de atéa 30 floriñas amarelas. Rosea de maio a xullo. Froito en forma de vaíña con até 6 sementes.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Medra en bosques degradados, ambientes frescos, clareiros e uceiras da maior parte da Península Ibérica e suroeste de Francia, chegando a Galiza. Prefire chans enxoitos, acedos e pobres en nitróxeno. Atura ben o frío.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Genista florida foi descrita por Carl von Linné e publicado en Systema Naturae, Editio Decima 2: 1157. 1759.[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Genista florida (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecíficos: n=24; 2n=48[4]

Etimoloxía

Genista: nome xenérico que provén do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Deste termo deriva a palabra galega xesta (en portugués: giesta), que ademais de nomear ás especies deste xénero, adoita tamén designar ás especies do xénero achegado Cytisus. As especies do xénero Genista máis ben se coñecen co nome vulgar de piorno.

Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridor se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Godofredo plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[5]

florida: epíteto latíno que significa "con flores".

Sinonimia
  • Genista leptoclada Spach
  • Genista polygalifolia DC.
  • Genista polygaliphylla Brot.[6]

Nome común

[editar | editar a fonte]

Piorno, pudia, xesta pudia, piorno pudio, xesta branca.[7][8]

  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Talavera Lozano; et al. (1999). "Leguminoseae". Flora Ibérica (Real Jardín Botánico - CSIC) VII. 
  3. "Pudia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de maio de 2014. 
  4. Variabilidad cromosómica de las Genisteas de la flora española en relación con su ecología. Sañudo, A. (1972) Ci. Biol. Ecol. Sist. 1(2): 43-52
  5. En N
  6. Pudia en The Plant List
  7. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  8. Téñase en conta que todos os arbustos dos xéneros Cytisus e Genista adoitan recibir indistintamente os nomes de xestas e piornos por seren fabáceas moi semellantes

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]