Pseudotsuga
xénero Pseudotsuga | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pseudotsuga menziesii var. menziesii | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto |
Pseudotsuga é un xénero de coníferas dentro da familia das pináceas. En galego adoitan chamarse abetos de Douglas, malia non sere realmente abetos. Hai cinco especies, dúas no oeste de América do Norte, unha en México e dúas no leste de Asia. As pseudotsugas plantearon problemas de clasificación aos botánicos do século XIX por mor á semellanza que presentan con outras coníferas coñecidas no seu tempo, o que orixinou que unhas veces foran clasificadas en Pinus, Picea, Abies, Tsuga, e incluso nas Sequoia. Por mor aos seus conos distintivos, os abetos de Douglas finalmente foron clasificados no novo xénero Pseudotsuga (que significa "falso Tsuga") polo botánico francés Carrière en 1867.
En Galicia atopamos algún exemplar de abeto de Douglas común (Pseudotsuga menziesii) nos arboredos e xardíns de pazos e castelos principalmente.
Especies e variedades
[editar | editar a fonte]A máis sonada das especies de América do Norte é sen dúbida a Pseudotsuga menziesii, o Abeto de Douglas por excelencia, unha especie taxonomicamente complexa[1] dividida en dúas grandes variedades (tratadas como especies distintas ou subespecies por algúns botánicos):
- Pseudotsuga menziesii var. glauca - Abeto de Douglas de montaña ou de interior, que se atopa no oeste do continente mais na zona interior, espallándose terras dentro cara a Calgary, Alberta.[2] Algúns botánicos dividen a pseudotsuga de montaña en dúas variedades, a var. glauca nas montañas Rochosas meridionais e var. caesia na parte norte das Rochosas.
- Pseudotsuga menziesii var. menziesii - Abeto de Douglas verde, ou da costa do Pacífico. Acadou alturas de 120 metros. Esa foi a altura calculada da conífera máis alta rexistrada, o Mineral Tree de Mineral (Washington), medida en 1924 polo Doutor Richard E. McArdle,[3] xefe do Servizo Forestal dos EUA.[4] O volume daquela árbore foi de 515 m3. O exemplar existente máis alto é o abeto Brummitt (Doerner) no condado de Coos (Oregón), de 99,4 metros de alto.[5] Só a sequoia vermella[6] acada maiores alturas en árbores que se coñezan actualmente. En Quinault, Washington, atópase unha colección dos meirandes abetos de Douglas nunha soa zona. A fraga chuviosa de Quinault acolle a maior parte dos dez abetos de Douglas máis altos que se coñecen.
É a árbore do estado de Oregón.
Especies
[editar | editar a fonte](En América do Norte e América Central)
- Pseudotsuga menziesii ((Mirb.) Franco)
- Sinónimos:
- Abies douglasii ((Sabine ex D.Don) Lindl)[7]
- Abies drummondii (Gordon)
- Abies menziesii (Mirb)
- Abies mucronata (Raf)
- Abies obliqua ((Bong) ex Gordon)
- Abies obliquata ((Raf) ex Gordon)
- Abies standishiana (K.Koch)
- Abies taxifolia (C.Presl)
- Abietia douglasii ((Sabine ex D.Don) A.H.Kent)
- Picea douglasii ((Sabine ex D.Don) Link)
- Pinus douglasii (Sabine ex D.Don)
- Pseudotsuga douglasii ((Sabine ex D.Don) Carrière)
- Pseudotsuga mucronata ((Raf.) Sudw. ex Holz)
- Pseudotsuga taxifolia ((Lindl.) Britton))
- Pseudotsuga vancouverensis (Flous)
- Tsuga douglasii ((Sabine ex D.Don) Carrière)
- Pseudotsuga lindleyana
- Pseudotsuga macrocarpa ((Vasey) Mayr)[8]
- Sinónimos:
- Abies macrocarpa (Vasey)
- Pseudotsuga californica (Flous)
- Tsuga macrocarpa ((Vasey) Lemmon))
(En Asia)
- Pseudotsuga japonica ((Shiras) Beissn)
- Sinónimos:
- Tsuga japonica (Shiras)[9]
- Pseudotsuga sinensis (Dode)
- Sinónimos:
- Pseudotsuga forrestii (Craib)[10]
- Pseudotsuga salvadorii (Flous)
- Pseudotsuga shaanxiensis (S.Z.Qu & K.Y.Wang)
- Pseudotsuga wilsoniana (Hayata)
- Pseudotsuga xichangensis (C.T.Kuan & L.J.Zhou)
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Abetos de Douglas verdes adultos, no Bosque de Turingia, Alemaña.
-
Dúas pseudotsugas entre arbustos e árbores menores.
-
Madeira da pseudotsuga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Li, Peng; W. T. Adams (1989). "Rangewide patterns of allozyme variation in Douglas-fir". Canad. J. Forest Res. 19: 149–161. doi:10.1139/x89-022.
- ↑ Edworthy Park - Calgary, Alberta - Wikipedia Entries on Waymarking.com
- ↑ Forest Giants of the World Past and Present by Al Carder 1995, pg. 3-4.
- ↑ "Richard McArdle Bio, USFS History, Forest History Society". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Gymnosperm Database: Pseudotsuga menziesii var. menziesii (2006)". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2007. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Sequoia sempervirens". The Gymnosperm Database. Consultado o 01-02-2009.
- ↑ http://www.theplantlist.org/tpl/record/kew-2556763
- ↑ http://www.theplantlist.org/tpl/record/kew-2411179
- ↑ http://www.theplantlist.org/tpl/record/kew-2556782
- ↑ http://www.theplantlist.org/tpl/record/kew-2556765
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pseudotsuga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pseudotsuga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mario Ludwig, Harald Gebhard, Herbert W. Ludwig, Susanne Schmidt-Fischer: Neue Tiere & Pflanzen in der heimischen Natur - Einwandernde Arten erkennen und bestimmen, BLV Verlagsgesellschaft München, ISBN 3-405-15776-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arboretum de Villardebelle - cone photos Imaxes de conos de especies seleccionadas
- Gymnosperm Database
- Dughall Mor at Forestry Commission Arquivado 28 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- The Tree Register