[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Piñeira, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeira
Igrexa parroquial
ConcelloTaboada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°41′12″N 7°47′42″O / 42.6866, -7.795
Poboación97 hab. (2014)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Piñeira é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 97 habitantes (46 homes e 51 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ocupa un espazo rectangular na zona centro-sur do concello. Limita ao norte-noroeste con Gondulfe, ao leste con Taboada dos Freires, so sur-sueste con Esperante, ao sur-suroeste con Cicillón e ao oeste con Vilela.

Ten 11 núcleos de poboación: a Aldea, Cima de Vila, Mosteiro, o Outeiro, Pacios, Piñeira, Quintá, San Salvador, o Seixo, Serén e a Videira.

A paisaxe componse principalmente de bosque autóctono e pastos (aínda que hai algunha plantación de eucalipto de importancia) e está cruzada por varios regos, como o rego de Piñeira.

O territorio desta parroquia estivo poboado dende hai miles de anos, do que dan conta as medas atopadas no lugar da Aldea. Neste lugar atopouse tamén un castro. Da época romana dan conta algunhas moas (tamén na Aldea e nalgunhas propiedades privadas)[2].

A época medieval é a máis salientable pois a igrexa parroquial é do século XIII, de estilo románico. Esta formaría parte dun mosteiro hoxe desaparecido, pero que deu nome ao lugar en que se atopa (o Mosteiro) o que tamén explicaría a súa elevada altura (o que facilitaría a entrada das procesións litúrxicas). A nave primitiva está intacta e só alterada pola sancristía, se ben a portada é moderna, como o campanario. A cuberta descansa sobre numerosos canzorros ben conservados e de labra dispar (xadrezado, xeometría, formas humanas). A ábsida, de gran tamaño, consta dun tramo recto e outro semicircular e ten tres fiestras. No interior destaca un importante baldaquino[2].

Tamén hai referencias a un mosteiro feminino no lugar de San Salvador. O Adral fai hoxe referencia a un espazo entre casas, polo que aquí houbo a entrada a unha igrexa. Preto deste lugar hai unha pía bautismal empatada nun muro[2].

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Taboada (Lugo)

A Aldea | Cima de Vila | Mosteiro | O Outeiro | Pacios | Piñeira | Quintá | San Salvador | O Seixo | Serén | A Videira

Parroquias de Taboada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]