[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Peoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPeoria
Imaxe

EpónimoPeoria Tribe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°41′33″N 89°35′24″O / 40.6925, -89.59
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoIllinois
County of Illinois (en) TraducirCondado de Peoria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación113.150 (2020) Editar o valor en Wikidata (865,95 hab./km²)
Número de fogares46.430 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaPeoria metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:402.391) Editar o valor en Wikidata
Superficie130,665007 km² Editar o valor en Wikidata
Auga4,419 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude153 m Editar o valor en Wikidata
Creación1680 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Peoria, Illinois (en) Traducir Editar o valor en WikidataRita Ali (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPeoria City Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal61602–61606, 61614, 61615 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico309 e 861 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpeoriagov.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5545231

Peoria é unha cidade do condado de Peoria en Illinois (Estados Unidos),[1] capital do condado e a meirande cidade situada no río Illinois. Fundouna en 1691 o explorador francés Henri de Tonti, e foi o primeiro asentamento europeo en Illinois,[2] e o seu nome venlle pola tribo Peoria. Segundo o censo de 2010 é a sétima localidade máis poboada do estado cunha poboación de 115.007[3] e a súa área metropolitana contaba 373.590 habitantes en 2011.

O territorio de Peoria localízase no antigo territorio dos indios illinois. En 1680 os exploradores franceses René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle e Henri de Tonti levantaron Fort Crèvecœur[2] no que actualmente é a vila de Creve Coeur, a poucos quilómetros de Peoria; aos poucos meses un ataque dos indios iroqueses destruíu o forte. En 1691 Tonti volveu á zona construíndo un novo forte, Fort Pimiteoui, que se converteu nun centro do comercio de peles. En 1763 despois da guerra franco-india o forte converteuse en británico, aínda que os poboadores seguiron a ser principalmente francófonos. En 1778 pasou a ser territorio dos Estados Unidos e pouco despois a poboación mudouse a un novo asentamento no que é hoxe o centro de Peoria, cara 1796 ou 1797 xa non quedaba poboación no antigo asentamento.[4] En 1813 o exército norteamericano erixiu un novo forte, Fort Clark. En 1825 organizouse o condado e o nome da vila mudouse para Peoria[5] que organizou a súa corporación municipal, constituíndose así en vila incorporada en 1835 e dez anos despois logrou o rango de cidade.

  1. "Find a County". National Association of Counties. Consultado o 2011-06-07. 
  2. 2,0 2,1 Peoria Historical Society (ed.). "The First European Settlement in Illinois". Peoria's History. Peoria, Illinois. Arquivado dende o orixinal (website) o 12 de abril de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  3. United States Census Bureau, ed. (2007). "Cities with 25,000 population or more, table C-1: Area and Population". County and City Data Book: 2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2009. 
  4. Ballance, Charles (1870). The History of Peoria, Illinois, pp. 22-23. N.C. Nason.
  5. Peoria Historical Society