Pedro Barrié Pastor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1843 A Coruña, España |
Morte | 27 de xaneiro de 1919 (75 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro |
Familia | |
Fillos | Pedro Barrié de la Maza |
Pedro Barrié Pastor, nado na Coruña o 30 de xullo de 1843 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1919, foi un banqueiro e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de José Pastor Horta, dono da compañía "José Pastor y Cía.", empezou a traballar co seu tío e incorporouse como socio. Cando faleceu o seu tío en 1877, a compañía quedou nas súas mans, mantendo o seu nome. Foi presidente da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de La Coruña e Comisario Regio de Fomento. Foi concelleiro da Coruña e membro da Junta de Defensa.[1] En 1888 entrou a colaborar na compañía Ricardo Rodríguez Pastor, pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor". En 1915 incorporouse á compañía o fillo de Pedro Barrié Pastor, Pedro Barrié de la Maza, ao regresar da súa formación financeira en Alemaña, Gran Bretaña e Francia. Finou na Coruña o 27 de xaneiro de 1919.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amalia de la Maza Agar, filla de Ramón de la Maza e neta de Pedro de Agar, e foi pai de Pedro Barrié de la Maza.