[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pedro Antonio Sánchez Moñino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Antonio Sánchez Moñino
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Aspe, España Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo15 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
2005–2008 Alicante CF B 72(25)
2008–2009 Alicante Club de Fútbol 27(2)
2009–2012   Real Murcia 108(20)
2012–2014   Córdoba CF 75(13)
2014–2016   Real Zaragoza
2016–2017   Elche CF
2017–   Granada CF

Pedro Antonio Sánchez Moñino, nado en Aspe (Alacant) o 12 de decembro de 1986, é un futbolista español. Xoga de extremo no Betis Florida, da Segona FFCV da Comunidade Valenciana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do desaparecido Alicante CF e na tempada 2005/06 debutou co Alicante B na Terceira División. O 23 de novembro de 2008 debutou co primeiro equipo do Alicante na Segunda División, nun encontro ante o Rayo Vallecano no estadio de Vallecas.[1] Durante esa campaña disputou 27 partidos na categoría de prata, marcando dous goles diante do Eibar e do Sevilla Atlético, pero o equipo acabou descendendo.

Real Murcia

[editar | editar a fonte]

Tralo descenso deixou a a súa provincia natal e fichou polo Real Murcia, tamén de Segunda.[2] Na súa primeira campaña no club murciano, disputou un total de 37 partidos e marcou tres goles, sufrindo o segundo descenso consecutivo da súa carreira, en só dous anos como profesional. Na tempada 2010/11, xa na Segunda División B, conseguiu 13 goles en liga, a mellor cifra da súa carreira, que serviu para colocarse como o cuarto máximo goleador do seu grupo, só por detrás de Rodri Ríos, Chando e Luis Alberto, e contribuíu ao ascenso do club tras proclamarse campión. Xogou unha terceira campaña no Murcia, acadando os 116 partidos oficiais e 22 goles.

Córdoba e Zaragoza

[editar | editar a fonte]

A continuación pasou ao Córdoba, no que xogou durante dous anos, logrando no segundo deles o ascenso á Primeira División. Con todo, non chegou a debutar na máxima categoría, pois deixou o club no verán de 2014, asinando como novo xogador do Zaragoza, tamén de Segunda. Co club aragonés anotou 10 goles en 69 encontros repartidos ao longo de dúas campañas.

Elche e Granada

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2016/17 xogou no Elche, co que viviu o terceiro descenso a Segunda B da súa carreira, pasando a continuación un ano no Granada, tamén en Segunda.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2018, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[3] Co club galego disputou un total de 27 partidos, marcando 4 goles. Xogou como titular os catro partidos da promoción de ascenso a Primeira e marcou un gol nas semifinais contra o Málaga,[4] pero o equipo perdeu na final ante o Mallorca.[5] Comezou a campaña 2019/20 vestindo a camiseta do Deportivo, pero pouco despois do inicio pediu ao club a súa saída por motivos familiares, polo que o seu contrato foi rescindido.[6]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

A continuación fichou polo Albacete, co que xogou por última vez na Segunda División, na tempada 2019/20, pasando logo dous anos no Hércules. No verán de 2022 asinou co Alcoyano, da Primeira División RFEF, pero o seu contrato foi rescindido en xaneiro, despois de ter disputados dez partidos, só dous deles como titular. En febreiro de 2023 anunciouse a súa incorporación ao Betis Florida, da Betis Florida, da Segona FFCV, oitava categoría do fútbol na Comunidade Valenciana.[7]

  1. "Rayo Vallecano 0-0 Alicante". ESPN (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  2. "El Real Murcia confirma los fichajes de Pedro y Sergio Fernández". As (en castelán). 22 de xuño de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  3. "Pedro Sánchez, novo xogador do Deportivo". 28 de xuño de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  4. "El Dépor remonta en un loco partido contra el Málaga". Televisión Española (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  5. "El Mallorca firma una gran remontada y asciende a Primera a costa del Deportivo". ABC (en castelán). 24 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  6. "O Deportivo e Pedro Sánchez acordan a saída do futbolista do Club". 27 de agosto de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  7. "Pedro Antonio Sánchez Moñino nuevo jugador de nuestro equipo de Primera Regional" (en castelán). 3 de febreiro de 2023. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]