Parlamento Saami de Noruega
Parlamento Saami de Noruega | |
---|---|
9ª Asemblea Parlamentaria Saami | |
Datos xerais | |
Ámbito | |
Creación | 9 de outubro de 1989 |
Tipo | Unicameral |
Liderado | |
Presidente | Silje Karine Muotka[1] (Asociación Saami Norueguesa) desde o 21 de outubro de 2021 |
Composición | |
Membros | 39 |
Grupos representados | Goberno (21)
Oposición (18)
|
Sede(s) | |
Parlamento Saami de Noruega Karasjok, Noruega | |
Sitio web | |
sametinget.no |
O Parlamento Saami de Noruega (en noruegués: Sametinget, en saami setentrional: Sámediggi, en saami de Lule e saami de Pite: Sámedigge, en saami de Ume: Sámiediggie, en saami meridional: Saemiedigkie, en saami de Skolt: Sääʹmteʹǧǧ) é unha cámara representativa para o pobo saami de Noruega. Actúa como unha institución de autonomía cultural para os membros deste pobo.
O Parlamento creouse o 9 de outubro de 1989. A sede está na aldea de Kárášjohka, no concello de Karasjok, no condado de Troms og Finnmark. Conta con 39 representantes, que son elixidos cada catro anos por voto directo de 7 circunscricións. As últimas eleccións foron en 2021. A diferenza de Finlandia, as 7 circunscricións abranguen toda Noruega. A actual presidenta é Silje Karine Muotka, que representa a Asociación Saami Norueguesa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Keskitalo guodá – Muotká joarkká". NRK Sápmi (en saami de Lule). 21 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021.