[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pardal común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pardal común
Passer domesticus

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Familia: Passeridae
Xénero: Passer
Nome binomial
P. domesticus
(Linnaeus, 1758)
:        Nativo        Introducido
:
       Nativo
       Introducido

:
       Nativo
       Introducido
Sinonimia[2]
  • Fringilla domestica Linnaeus, 1758
  • Passer domesticus (Linnaeus, 1758) Brisson, 1760
  • Pyrgita domestica (Linnaeus, 1758) G. Cuvier, 1817
  • Passer indicus Jardine & Selby, 1835
  • Passer arboreus Bonaparte, 1850
  • Passer confucius Bonaparte, 1853
  • Passer rufidorsalis C. L. Brehm, 1855
  • Passer engimaticus Zarudny, 1903
  • Passer ahasvar Kleinschmidt, 1904

O pardal, pardal común, pardal doméstico, pardao ou gorrión,[3] Passer domesticus (Linnaeus, 1758), é un paxaro da orde dos paseriformes (Passeriformes) e familia dos paséridos (Passeridae).

Por iniciativa de diferentes organizacións conservacionistas, o día 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Pardal (World Sparrow Day) co obxectivo de chamar a atención sobre a delicada situación desta especie: desde hai anos compróbase que a poboación mundial experimenta un importante declive continuo, especialmente nas cidades (en Londres constatouse un descenso do 60% na década de 1994 a 2004; en España, a redución foi do 11-14% desde 1998) [4].

Localización

[editar | editar a fonte]

Está adaptado ao hábitat urbano e moi acostumado a vivir cerca do ser humano. Distribúese por todo o globo, aínda que é orixinario de Eurasia e do norte de África.

Foi introducido polo ser humano no resto de continentes, a excepción da Antártida.

Cen exemplares procedentes de Inglaterra foron soltados en Brooklyn, Nova York, como control de pragas. Esta medida foi seguida noutras cidades dos Estados Unidos, onde é coñecido coloquialmente como pardal inglés (English sparrow) para distinguilo dos pardais americanos nativos.

Pode chegar a vivir 13 anos en catividade, se ben en liberdade non adoita chegar aos 7.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Pesa arredor de 30 g e mide de 14 a 16 cm, sendo os machos normalmente algo maiores que as femias. O pardal común ou doméstico é de conformación robusta e patas curtas. O seu peteiro é groso, forte e cónico.

A plumaxe do lombo é parda, con manchas negras e vermellas.

Os machos posúen unha mancha negra en forma de gravata que cobre parte do peito e da gorxa. A fronte, coroa e caluga son grises. As femias posúen unhas cores máis apagadas: a súa cabeza é parda e as cellas claras, e non posúen o negro na gorxa dos machos.

A cría é similar na plumaxe á femia.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Forman parellas monógamas en cada estación de reprodución. Constrúen os niños en primavera, con follas secas, plumas e anacos de papel. Aniñan nas fendas dos edificios, debaixo das tellas ou en troncos de coníferas. Poñen os ovos en calquera momento da primavera, podendo haber ata 4 niñadas, e en cada unha 4 ou 5 ovos.

Unha vez que todos son depositados, tanto o macho como a femia se encargan de incubalos, turnándose cada poucos minutos. Aos 10 días os poliños rompen a casca do ovo, e aos 14 xa teñen plumas.

Poden chegar a ser moi agresivos con outras especies, ocupando ou tapando niños con poliños acabados de nacer.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Paxariño gorrión,
non me coma-las cereixas
que vai o meu amo fóra
e hácheme da-las queixas.

—Popular[5]

Adoitan baixar a terra buscar comida, camiñando a saltos, como é propio dos paseriformes, a diferenza das pombas que o fan dando pasos. Aliméntanse de sementes e insectos, aínda que tamén aproveitan os desperdicios do home. En primavera tamén pode comer bolboretas e flores: Crocus, Aconitum e a flor de primavera (Primula vulgaris) parecen atraer aos pardais.

Protexen con agresividade a área arredor do niño, tanto doutras especies como de membros da súa propia. Os machos atacan a outros machos e as femias fan o propio con outras femias.

En ambientes urbanos posúen maior confianza co home que en ambientes rurais. Encóntrase sempre preto de lugares habitados, xa sexan rúas, parques ou xardíns, como prados, hortas ou granxas.

É unha ave sedentaria.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]