Paramahansa Yogananda
(1946) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mukunda Lal Ghosh 5 de xaneiro de 1893 Gorakhpur (Raj Británico) |
Morte | 7 de marzo de 1952 (59 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | enfarte agudo do miocárdio (pt) |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Calcuta Scottish Church College (en) Senate of Serampore College (en) |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, escritor, autobiógrafo, iogue (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Paramahansa Yogananda ou Paramhansa Yogananda, nado como Mukunda Lal Ghosh en Gorakhpur o 5 de xaneiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 7 de marzo de 1952 foi un monxe, iogui e gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga mediante a súa organización Self-Realization Fellowship (SRF) / Yogoda Satsanga Society (YSS) of India. Discípulo do gurú iogui bengalí Swami Sri Yukteswar Giri, foi enviado pola súa estirpe para expandir as ensinanzas do ioga a occidente, a probar a unidade entre as relixións occidentais e orientais e a predicar un equilibrio entre o crecemento material occidental e a espiritualidade india.[1] A súa longa influencia no movemento do ioga estadounidense e especialmente na cultura do ioga dos Ánxeles, levouno a ser considerado polos expertos en ioga como o "pai do ioga en occidente".[2][3]
Yogananda foi o primeiro mestre indio importante que se estableceu nos Estados Unidos, e o primeiro indio prominente recibido na Casa Branca (polo presidente Calvin Coolidge en 1927);[4] a súa aclamación temperá levouno a ser denominado "o primeiro gurú superestrela do século XX" por Los Angeles Times.[5] Chegou a Boston en 1920 e embarcouse nunha xira de charlas transcontinentais de éxito antes de establecerse nos Ánxeles en 1925. Nas seguintes dúas décadas e media, gañou fama local ademais de expandir a súa influencia en todo o mundo: creou unha orde monástica, continuou a facer xiras de ensinanzas, comprou propiedades para a súa organización en varios lugares de California e iniciou moita xente no Kriya Yoga.[3] En 1952, SRF tiña máis de cen centros na India e nos Estados Unidos e na actualidade teñen grupos en case todas a grandes cidades estadounidenses.[5] Os seus principios de "vida simple e alto pensamento" atraeron xente de todas as orixes entre os seus seguidores.[3]
Publicou o libro Autobiography of a Yogi en 1946 con éxito de crítica e público; dende a súa primeira edición vendeu máis de catro millóns de exemplares, e Harper San Francisco listouno como un dos "100 mellores libros espirituais do século XX".[5][6] O CEO de Apple Steve Jobs encargou cincocentas copias do libro para o seu propio memorial, de xeito que cada asistente recibise un exemplar.[7] O libro continuou a ser reimpreso regularmente e é coñecido como "o libro que cambiou a vida de millóns".[8][9] En 2014 estreouse o documental Awake: The Life of Yogananda que gañou múltiples premios en festivais de cinema de todo o mundo.
Ensinanzas
[editar | editar a fonte]Yogananda comezou na India en 1917 o seu traballo vital coa fundación dunha escola de "como vivir" para rapaces, en que os métodos modernos educativos se combinaban co adestramento no ioga e a instrución en ideas espirituais. En 1920 foi convidado a servir como delegado da India nun congreso internacional de relixiosos celebrado en Bosto. O seu relatorio no congreso, sobre "A ciencia da relixión" foi recibido con estusiasmo.
En 1920 fundou a Compañía da Autorrealización (Self-Realization Fellowship) e en 1925 estableceu nos Ánxeles a súa sede internacional.[10][11][12]
Yogananda escribiu Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You e God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita para revelar o que el afirmaba que era a harmonía completa e a unión básica do cristianismo orixinal que ensinou Xesucristo e o ioga orixinal que ensinou Bhagavan Krishna e para indicar que eses principios de verdade son a fundación científica común de todas as relixións verdadeiras.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Autobiography of a Yogi, 1997 Anniversary Edition. Self-Realization Fellowship (Founded by Yogananda) yogananda.org
- ↑ Wadhwa, Hitendra (21 de xuño de 2015). "Steve Jobs's Secret to Greatness: Yogananda". Inc.com. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Meares, Hadley (9 de agosto de 2013). "From Hip Hotel to Holy Home: The Self-Realization Fellowship on Mount Washington". KCET (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ Chidan; xuño de 19, Rajghatta | TNN | Updated:; 2019; Ist, 12:01. "In America and across the world, India reclaims its yoga heritage - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Goldberg, Philip (7 de marzo de 2012). "The Yogi Of The Autobiography: A Tribute To Yogananda". HuffPost (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ "HarperSanFrancisco, edited by Philip Zaleski 100 Best Spiritual Books of the 20th Century".
- ↑ Segall, Laurie (10 de setembro de 2013). "Steve Jobs' last gift". CNNMoney. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ Goldberg, Philip (2018). The Life of Yogananda. Hay House, Inc. ISBN 978-1-4019-5218-1
- ↑ Bowden, Henry Warner (1993). Dictionary of American Religious Biography. Greenwood Press. ISBN 0-313-27825-3. p. 629.
- ↑ Melton, J. Gordon, Martin Baumann (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices. ABC-CLIO. ISBN 9781598842043.
- ↑ Yogananda, Paramahansa (2004). The Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You p.1566. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-555-7.
- ↑ Kress, Michael (2001). Publishers Weekly: Meditation is the message. Nova York: Cahners Business Information, a division of Reed Elsevier, Inc.
- ↑ Watanabe, Teresa (12 de novembro de 2004). "A Hindu's Perspective on Christ and Christianity". Los Angeles Times (Os Ánxeles).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paramahansa Yogananda |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boston Meditation Group Historical Committee (1989). In The Footsteps of Paramahansa Yogananda: A guidebook to the places in and around Boston associated with Yoganandaji. Boston.
- Bowden, Henry Warner (1993). Dictionary of American Religious Biography. Greenwood Press. ISBN 978-0-313-27825-9.
- Daya, Mata (1990). Finding the Joy Within. Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-288-4.
- Forest Lawn Memorial Park; Harry T. Rowe; Mortuary Director (16 de maio de 1952). Paramahansa Yogananda's Complete Mortuary Report. Os Ánxeles.
- Ghosh, Sananda Lal (1980). Mejda: The Family and the Early Life of Paramahansa Yogananda. Self-Realization Fellowship Publishers. ISBN 978-0-87612-265-5.
- Goldberg, Philip (2012). The Autobiography of a Yogi: A Tribute to Yogananda. Huff Post Religion.
- Goldberg, Philip (2012). American Veda. Harmony; 1 edition (2 de novembro de 2010): 109.
- Isaacson, Walter (2001). Steve Jobs: A Biography. Simon & Schuster. ISBN 978-1-4516-4853-9.
- Jordan, Frank C., Secretary of State of California (1935). Articles of Incorporation of the Self Realization Fellowship Church. Los Angeles CA: State of California.
- Kress, Michael (26 de marzo de 2001). "Meditation is the Message". Publishers Weekly (New York). Cahners Business Information, a division of Reed Elsevier.
- Kriyananda, Swami (1977). The Path: Autobiography of a Western Yogi. Crystal Clarity Publishers. ISBN 978-0-916124-11-3.
- J. Gordon Melton, Martin Baumann (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices. ABC-CLIO. ISBN 9781598842043.
- Miller, Timothy (1995). America's Alternative Religions. Borrego Publications; 1st edition (1991). ISBN 978-0-7914-2397-4.
- Mrinalini Mata (2011). Self-Realization Magazine: The Blessings of Kriya Yoga in Everyday Life. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship.
- Rosser, Brenda Lewis (2001). Treasures Against Time: Paramahansa Yogananda with Doctor and Mrs. Lewis (2nd ed.). Borrego Springs, California: Borrego Publications. ISBN 978-0-9629016-1-4.
- Rowe, Harry T. "Paramahansa Yogananda's Mortuary Report" (PDF). Forest Lawn Memorial Park.
- Self-Realization Fellowship (1939). "Inner Culture for Self-Realization" 12. Os Ánxeles: 30.
- Self-Realization Fellowship (1952). "Self-Realization Magazine" 24 (22). Os Ánxeles.
- "Self-Realization Fellowship website". Consultado o 24 de novmebro de 2011.
- Sahagun, Louis (6 de agosto de 2006). "Guru's Followers Mark Legacy of a Star's Teachings". Los Angeles Times.
- Thomas, Wendell (1930). Hinduism Invades America. Nova York: The Beacon Press, Inc.
- Yogananda, Paramahansa (1997). Autobiography of a Yogi. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-086-6.
- Yogananda, Paramahansa (1995). God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-030-9.
- Yogananda, Paramahansa (1997). Journey to Self-Realization, Discovering the Gifts of the Soul. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-255-6.
- Zaleski, Philip (1984). The 100 Best Spiritual Books of the Century. San Francisco: Harper Collins.