[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pandulfo II de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPandulfo II de Salerno
Biografía
Morte13 de xullo de 982 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Capo Colonna, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Salerno (en) Traducir (981–982) Editar o valor en Wikidata
PaisPandulfo I de Benevento Editar o valor en Wikidata  e Aloara Editar o valor en Wikidata

Pandulfo II, nado en Capo Colonna e finado o 13 de xullo de 982, foi príncipe longobardo de Salerno do 981 ao 982

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foio segundo da estirpe dos príncipes de Capua. Sucedeu ao seu pai Pandulfo Testa de Ferro, quen establecera a división do seu vasto dominio entre os seus dous fillos, Pandulfo e Landulfo.

Testa de Ferro reunificara todos os territorios da antiga Langobardia Minor, asumindo na súa persoa a soberanía sobre os principados de Benevento, Capua e Salerno. As súas disposicións testamentarias estableceron que ao fillo máis vello, Landulfo, lle fosen asignados Benevento e Capua e ao máis novo, Pandulfo, o Principado de Salerno.

Pandulfo II foi hostigado inmediatamente polo duque Mansón I de Amalfi, que xa no 981 o deu botado do trono e obtivera o recoñecemento imperial como novo príncipe de Salerno.

Pandulfo foi onda o seu irmán, quen mentres tanto perdera o dominio beneventano ficando como soberano só sobre Capua, e uníronse ambos ao exército imperial de Odón II en Calabria.

Os dous irmáns morreron na Batalla de Capo Colonna, contra os sarracenos o 13 de xullo de 982.