Palio de Siena
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Palio.
O Palio de Siena (Palio di Siena) é unha carreira de cabalos que enfronta ás contradas ou distritos da cidade de Siena, Italia.
De orixe medieval, a competición (La Corsa, como se denomina ali),[1] desenvólvese normalmente dúas veces ao ano:
- O 2 de xullo córrese o Palio di Provenzano (en honor á Virxe de Provenzano) e
- O 16 de agosto o Palio dell'Assunta (en honor da Asunción da Virxe).[2]
En ocasións excepcionais, como foi a chegada do home á Lúa, ou aniversarios entendidos como relevantes e pertinentes, como o centenario da Unificación de Italia, a comuna de Siena pode decidir efectuar un Palio extraordinario, a celebrar entre maio e setembro.
A carreira ten lugar na céntrica Piazza del Campo de Siena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Corsa Arquivado 27 de xuño de 2022 en Wayback Machine. (en italiano).
- ↑ Il Drappellone o Palio Arquivado 02 de xullo de 2022 en Wayback Machine. (en italiano).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palio de Siena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mauro Civai e Enrico Toti (1995): Palio, la corsa dell'anima. Siena: Edizioni Alsaba. ISBN 978-88-85331-23-5.
- William Heywood (1993): Nostra donna d'agosto e il Palio di Siena. Siena: Protagon Editori Toscani. ISBN 978-88-8024-002-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Palio di Siena (en castelán).