[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Palacio de Sanssouci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do xardín, no Sur, e corpo de aloxamento de Sanssouci.
Pavillón central da fachada do xardín.

O palacio de Sanssouci (Schloss Sanssouci en alemán) é o antigo palacio de verán do rei de Prusia Frederico o Grande. Está situado en Brandeburgo, preto da cidade de Potsdam, a 26 km ao suroeste de Berlín. Colócase con frecuencia a Sanssouci entre os principais rivais do palacio de Versalles, a pesar de que Sanssouci foi realizado nun estilo rococó máis intimista e é máis pequeno que o pazo francés.

O pazo de Frederico é famoso polos numerosos templetes e por outras extravagancias do parque de Sanssouci, que arrodean o edificio.

Realizado por Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff entre 1745 e 1747, Sanssouci respondía á necesidade que tiña Frederico dunha residencia privada onde descansar, lonxe das solemnidades da corte berlinesa.