[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Postojna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPostojna
Imaxe

Localización
Mapa
 45°46′28″N 14°12′55″L / 45.77435, 14.21528
EstadoEslovenia
ConcelloMunicípio de Postojna (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación9.605 (2020) Editar o valor en Wikidata (35,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie269,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude554 m-556,4 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6230 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico05 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpostojna.si Editar o valor en Wikidata

Postojna (pronuncia eslovena [pɔˈstoːi̯na] (AFI)) é unha cidade do sueste de Eslovenia situada a medio camiño entre a capital, Ljubljana, e o Mar Adriático segundo o censo de 2002 o seu concello contaba con 14.581 habitantes. Destaca polas Covas de Postojna e polo Castelo de Predjama.

A súa privilexiada posición nas vías de comunicación entre os Balcáns e Viena con Italia levan a Postojna a ser un enclave estratéxico dende fai séculos.

As escavacións realizadas en Predjama, as grutas de Postojna e en Betalov spodmol dan testemuño dos primeiros habitantes da zona, sendo os restos máis antigos do Paleolítico e dando fe tamén do Neolítico, Idade de Bronce e Idade de Ferro.

A primeira referencia histórica a Postojna atopámola no ano 1226, contando con mercado a partir do 1432 e promovida ao status de cidade no ano 1909, quedando esta progresión sempre vinculada ao tren entre Viena e Trieste.

O seu forte vínculo coa corte autrohúngara, ao formar parte da única saída ao mar do Imperio, levou ao desenvolvemento dunha protoindustria turística ao redor da Cova de Postojna, contando cunha das infraestruturas turísticas máis antigas do mundo.

Trala primeira guerra mundial, como toda a zona litoral de Eslovenia pasou a formar parte de Italia, ata o ano 1945 cando remata a segunda guerra mundial e pasa a formar parte da República Socialista de Eslovenia, integrada na República Federal Socialista de Iugoslavia.

A Cova de Postojna

[editar | editar a fonte]

Ademais de varias covas menores, como as de Otoška jama, Pivka ou Črna jama, destaca a Cova de Postojna. É unha rede de 20 quilómetros de túneles, a maior gruta de karst clásico de Europa e unha das máis importantes do mundo e a gruta turística máis visitada de Europa, recibindo en torno a un millón de visitantes ao ano.

No ano 1872 instaláronse vías férreas na gruta e no 1884 a liña de electricidade.

Durante os diferentes conflitos bélicos que sufriu desempeñou diferentes cometidos como almacén, cárcere ou hospital indistintamente para alemás, italianos ou rusos.

En relación con estas covas está o Instituto do Relevo Kárstico, que pertence á Academia das Ciencias de Eslovenia, situado na propia Postojna e que emite unha publicación periódica, a Acta Carsológica, de prestixio mundial. Tamén podemos atopar na cidade eslovena o museo Notranjski muzej Postojna, que conserva restos arqueolóxicos, históricos e xeolóxicos de primeira orde.

Castelo de Predjama

[editar | editar a fonte]
Castelo Predjama.

Preto das Covas de Postojna, a uns 10 quilómetros, atópase este castelo de máis de 700 anos de historia construído nunha parede da montaña a 123 metros do chan. A tradición atribúelle ser o refuxio do cabaleiro Erazem de Predjama, o cabaleiro bandido, no século XV.

Tódolos anos celébrase o Torneo de Cabaleiros de Erazem, que se celebra nas proximidades do Castelo e ven acompañado da recreación do mundo medieval en toda a zona.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]