Pompeo Batoni
(1765) | |
Nome orixinal | (it) Pompeo Girolamo Battoni |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1708 Lucca, Italia |
Morte | 4 de febreiro de 1787 (79 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Clasicismo |
Profesores | Sebastiano Conca (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Biblioteca dixital BEIC |
Pompeo Girolamo Batoni, nado en Lucca o 25 de xaneiro de 1708 e finado en Roma o 4 de febreiro de 1787, foi un pintor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aprendeu co seu pai, ourive, e en 1728 marcha a Roma e alí estuda a esculuta antiga, durante un tempo foi discípulo de Sebastiano Conca, pero principalmente foi un autodidacta. Foi un dos primeiros en reaccionar contra o estilo rococó e manierista da época, inspirándose na antigüídade, nos pintores clásicos franceses como Nicolas Poussin e en Rafael, o que o converte nun dos precursores do Neoclasicismo.
Foi un retratista buscado polos viaxeiros británicos de paso en Roma para que os retratase, o que explica que numerosas pinturas súas estean en Gran Bretaña, é tamén coñecido polos seus retratos de reis e Papas. Foi o conservador das coleccións pictóricas do Papa e a súa casa converteuse nun centro intelectural, artístico e social importante na Roma da época.