Polychaos dubium
Polychaos dubium | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Polychaos dubium (Schaeffer, 1916) Schaeffer, 1926[1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Polychaos dubium é un microorganismo ameboide de auga doce e unha das especies de eucariotas unicelulares de maior tamaño. Como outros amebozoos, P. dubium móvese por medio de proxeccións temporais chamadas pseudópodos. P. dubium ten un dos tamaños xenómicos máis grandes de todos os organismos coñecidos,[3] aínda que nun estudo de 2004 sinálase que este feito debe tratarse con precaución mentres non se comprobe con técnicas modernas.[4]
Polychaos dubium era coñecido anterioremnte como Amoeba dubia.[2] O autor que nomeou a especie recoñeceu posteriormente que era unha especie diferente das do xénero Amoeba, e designouno como especie tipo do xénero Polychaos.[1] A diferenza das especies de Amoeba, P. dubium carece de cristas lonxitudinais nos seus pseudópodos.[5]
Características físicas
[editar | editar a fonte]Unhas poucas características serven para distinguir Polychaos dubium doutras especies de Polychaos. Os cristais que flotan no citoplasma teñen forma de bipirámides planas, placas planas ou parecen plaquetas agrupadas. O núcleo é elipsoide, ten gránulos preto da membrana, e carece dun endosoma. A célula xeralmente ten moitos pseudópodos (é polipodial), e o endoplasma e ectoplasma do citoplasma son claros.[5] Durante a locomoción rápida, P. dubium pode facerse monopodial, presentando un só pseudópodo, [6] pero como media adoita ter 12 pseudópodos. [7]
Polychaos dubium ten un dos xenomas máis grandes coñecidos nun organismo, constando de 670 miles de millóns de pares de bases ou 670 Gbp,[4] que é unhas 200 veces maior que o xenoma humano (de 3,2 Gbp). Porén, os autores dun estudo de 2004 suxiren que se debe tratar esta medida con precaución, porque foi obtida antes da chegada dos métodos xenómicos modernos.[4]
Ecoloxía e área de distribución
[editar | editar a fonte]P. dubium habita en augas doces e é herbívoro,[5] e come algas.[6] Espécimes desta especie foron recollidos en Norteamérica e norte de Europa.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Schaeffer, Asa Arthur (1926a). "Taxonomy of the amebas, with descriptions of thirty-nine new marine and freshwater species". Papers from the Department of Marine Biology of the Carnegie Institution of Washington. 24: 115 pp. 12 plates. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 09 de xuño de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Schaeffer, Asa A. (1916). "Notes on the specific and other characters of Amoeba proteusPall. (Leidy), A. discoides spec. nov., and A. dubia spec. nov.". Archiv für Protistenkunde 37: 204–228.
- ↑ Laura Wegener Parfrey; et al. (2008). "The Dynamic Nature of Eukaryotic Genomes". Molecular Biology and Evolution 25: 787–794. PMC 2933061. PMID 18258610. doi:10.1093/molbev/msn032.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 McGrath, Casey, L, & Katz, Laura A. (2004). "Genome diversity in microbial eukaryotes". Trends in Ecology & Evolution 19 (1): 32–38. PMID 16701223. doi:10.1016/j.tree.2003.10.007.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Lee, J.J., Hutner, S.H. & Bovee, E.C., eds. (1985). Illustrated Guide to the Protozoa. Lawrence, Kansas: Society of Protozoologists. pp. ix + 630 páxinas.
- ↑ 6,0 6,1 "Polychaos dubium". micro*scope - version 6.0. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2010. Consultado o 2009-10-01.
- ↑ "Polychaos dubium". Protist Information Server. Consultado o 2009-10-01.
- ↑ "Polychaos dubium". Amoebae on the Web. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2003. Consultado o 2009-10-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leidy, Joseph (1878). "Amoeba proteus". The American Naturalist 12 (4): 235–238. doi:10.1086/272082.