Pobo wanano
Pobo wanano | |
---|---|
Mulleres wanano pescando no río Timbó, 1933. | |
Poboación | |
Poboación total: c 4 000[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | 3 312 (censo de 2018)[2] |
Brasil | 500 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua wanano |
Relixión | relixión tradicional |
Grupos relacionados | Pobo cubeo |
Os wanano, kotíriâ ou decosirumara son unha etnia indíxena que habita a ambos os dous lados do río Vaupés no departamento colombiano de Vaupés e o estado de Amazonas. Son unhas 4 mil persoas.
Pescan diferentes especies de peixes, con diferentes clases de trampas que fabrican e tamén con redes, arco e frecha. Constrúen grandes canoas e troncos baleirados e son excelentes navegantes. Cazan con escopeta ou tiratacos e tamén con trampas para capturar aves ou roedores e cun pegante ñimi di que extraen do froito wosokü, ó que quedan adheridas algunhas aves, ó pousarse sobre el. Practican a agricultura itinerante, estabelecendo chagras mediante o método de tumba e queima, nas cales domina o cultivo de mandioca amarga, á beira do de diversas especies.
Celebran as colleitas coa festa do dabucuri e ademais realizan o "baile do achiote" bhusiobasa.
A súa propia lingua, a lingua wanano, pertence á póla oriental das linguas tucanas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David J. Phillips (2014). "Wanano - Kotiria". Índios do Brasil. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santacruz, Jesús (1977) "Creación del hombre y rigen de las tribus según la historia de los Guananos (Vaupés)"; Almas 398: 2-7. Bogotá.
- Waltz, Nathan e Carolyn (1979) "Guanano"; Aspectos de la Cultura Material de Grupos Étnicos de Colombia I: 125-137. ILV. Lomalinda: Editorial Townsend.