[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pé (métrica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O é a unidade métrica cuantitativa do verso grego ou latino, formado por un número reducido de sílabas longas e breves (de dúas a catro). En cada hai dous tempos, un de elevación e outro de descenso. O nome procede de que, nas cancións acompañadas de danza, o pé servía para marcar o ritmo.

Características

[editar | editar a fonte]

O pé divídese en dous semipés. Crese que os dous semipés tiñan igual intensidade e, por tanto, o ritmo viña determinado unicamente pola alternancia entre breves e longas. En cada pé, unha das sílabas determina o descenso ou golpe, que marca o ritmo (o «tempo forte»). Outra sílaba marca a elevación (o «tempo débil»). Se aparece primeiro o tempo forte denomínase ritmo descendente; se non, trátase de ritmo ascendente. As unidades de medida chamábanse moras e eran unha para as breves e dúas para as longas. Se teñen menos de seis moras os pés denomínanse simples e se teñen máis de seis, compostos (ou metros). Entre os pés compostos, o máis utilizado é o docmio.

Os pés simples agrúpanse da forma seguinte:

  1. Pés de xénero igual (genus par) na que os dous semipés teñen igual número de moras (pirriquio, espondeo, dáctilo, anapesto, proceleusmático, coriambo).
  2. Pés de xénero dobre (genus duplum), nos que un semipé ten o dobre número de moras que o outro (iambo, troqueo, tríbraco, moloso, ditroqueo, xónico).
  3. Pés de xénero sesquiáltero (genus sescuplum), nos que un semipé vale vez e media máis que o outro (crético, peón, baquio e antibaquio).

De dúas sílabas

[editar | editar a fonte]

¯ = sílaba acentuada/longa, ˘ = sílaba non acentuada/breve

Valores Nome
∪ ∪ Pírrico, dibraquio
∪ – Iambo
– ∪ Troqueo ou coreo
– – Espondeo

De tres sílabas

[editar | editar a fonte]
Valores Nome
∪ ∪ ∪ Tríbraco
– ∪ ∪ Dáctilo
∪ – ∪ Anfíbraco
∪ ∪ – Anapesto
∪ – – Baquio
– – ∪ Antibaquio
– ∪ – Crético
– – – Moloso

De catro sílabas

[editar | editar a fonte]
Valores Nome
∪ ∪ ∪ ∪ Tetrabraquio, proceleusmático
– ∪ ∪ ∪ Primus paeon
∪ – ∪ ∪ Secundus paeon
∪ ∪ – ∪ Tertius paeon
∪ ∪ ∪ – Quartus paeon
– – ∪ ∪ Xónico maior
∪ ∪ – – Xónico menor
– ∪ – ∪ Ditroqueo
∪ – ∪ – Diiambo
– ∪ ∪ – Coriambo
∪ – – ∪ Antispasto
∪ – – – Primeiro epitrite
– ∪ – – Segundo epitrite
– – ∪ – Terceiro epitrite
– – – ∪ Cuarto epitrite
– – – – Dispondeo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]