Superoito
Superoito | |
---|---|
Orixe | Ordes, |
Período | 2013 - actualidade |
Selo(s) discográfico(s) | Plancto X. Cultural |
Membros | Iván R. Paderne Diego Falque Diego Fernández Glenn Carbajal |
Antigos membros | Xabi Sóñora |
Na rede | |
Superoito é unha banda galega de rock. Formouse a finais do ano 2013 en Ordes, e segue dende aquela unha identidade con influencias do punk e do rock así como unha evolución constante cara a un son cada vez máis duro e contundente.
O grupo editou tres discos e dous sinxelos, deu máis de cen concertos entre salas e festivais de Galicia e tres datas a nivel estatal coincidindo coa celebración do seu terceiro aniversario (Bilbao, León, Madrid).
Historia
[editar | editar a fonte]O seu primeiro disco, Non sabes bailar, gravado nos estudios Rapapoulo, presentouse o 14 de xuño de 2013 nun concerto privado na Pontecarreira. Na segunda metade do ano levaron a cabo a xira de presentación do disco, con máis de cen concertos.
O 15 de decembro de 2013 organizaron o I Festival Solidario de Nadal, en colaboración co Hospital de Santiago de Compostela, co obxectivo de recadar xoguetes e cartos para as familias obrigadas a pasar as datas de Nadal dentro dos complexos hospitalarios[1].
En xaneiro do 2014 publicaron o segundo disco, Todo me dá voltas, composto por 13 cancións e gravado nos estudios Rapapoulo de Merelle por Mou de Dios ke te crew. No 2014 presentaron o disco en concertos, da man da discográfica Madrindie Producciones (Madrid) e Busaco Contratacións (Cangas).
No ano 2014 gañaron o premio Cantalingua, organizado por Correlingua (A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e Asociación Socio-Pedagóxica Galega)[2].
Vinculados moi fortemente coa defensa da lingua galega, as súas cancións tratan sobre temas da vida cotiá tratados con certo apego cómico como Galicia, a dignificación da labor mariñeira, a liberdade sexual e ideolóxica, a loita contra a construción da mina de Corcoesto ou a volta da selección galega de fútbol.
A principios do ano 2015 eco do seu éxito é compartir escenario coa banda vasca Berri Txarrak onde comezan a súa terceira xira coa que alcanzan os 150 concertos en tan só dous anos de traxectoria.
En 2016 estrearon o seu segundo disco, cuxos beneficios ían doarse ás protectoras de animais compostelás O Refuxio de Bando e Asociación Abeiro.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Non sabes bailar (febreiro 2014, sinxelo; Rapapoulo Estudios)
- No Saps Ballar (maio 2015, Discos Modernos Records)
- Ez dakizu dantza egiten (maio 2015, Discos Modernos Records)
- Todo me dá voltas (marzo 2014; Rapapoulo Estudios)
- Portarnos mal (abril 2015; Estudio Mágico)
- En directo (xaneiro 2016, Iraila Records)
- A mala vida (2022; Cimática Studio)
Xiras
[editar | editar a fonte]- Non sabes bailar (2013, 11 concertos)
- Todo me dá voltas (2014, 49 concertos)
- Portarnos mal (2015, 32 concertos)
- En directo (2016, 21 concertos)
- A mala vida (2022, en xira)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Concerto en Ordes servirá para repartir xoguetes en Nadal", artigo en La Voz de Galicia, 12 de decembro de 2013.
- ↑ Superoito, Monoulious, Dope e Quempallou, ganadores do cantalingua 2014.