[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Subdivisións de Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A República de Fiji está organizada administrativamente en catro divisións, que se corresponden cos puntos cardinais, e que á súa vez están subdivididas en 14 provincias.

Características

[editar | editar a fonte]

Cada división ten un comisario, posto polo goberno de Fidxi. As divisións son basicamente agrupamentos de provincias e posúen poucas funcións administrativas. Cada provincia posúe unha Cámara Provincial que poden, dentro das súas provincias, crear leis e impostos, suxeitos á aprobación do goberno de Fidxi. O goberno tamén é responsábel do nomear o cargo Roko Tui, xefe executivo da Cámara Provincial.

A illa de Rotuma, norte do arquipélago principal, aínda que está incluída na División Oeste para fins estatísticos (censo, por exemplo), porén, administrativamente, posúe autonomía interna coa súa propia cámara e poderes para lexislar sobre a maioría dos asuntos locais.

Divisións e provincias

[editar | editar a fonte]
División administrativas das Illas Fidxi
División
(capital)
Provincia Presidente da Cámara (2005) Área
(km²)
Poboación
(1996)
Central
(Suva)
Naitasiri Ratu Solomoni Boserau 1.666 126.641
Namosi Ratu Kiniviliame Taukeinikoro 570 5.742
Rewa Pita Tagi Cakiverata 272 101.547
Serua Atunaisa Lacabuka 830 15.461
Tailevu Josefa Seruilagilagi 755 48.216
Norte
(Labasa)
Bua Ratu Filimoni Ralogaivau 1.379 14.988
Cakaudrove Sitiveni Rabuka 2.816 44.821
Macuata Ratu Aisea Katonivere 2.004 80.207
Leste
(Levuka)
Kadavu Ratu Josateki Nawalowalo 478 9.535
Lau Ratu Josefa Basulu 487 12.211
Lomaiviti Ratu Jo Lewanavanua 411 16.214
Oeste
(Lautoka)
Ba Ratu Ovini Bokini 2.634 192.197
Nadroga-Navosa Ratu Sakiusa Makutu 2.385 54.083
Ra Simione Naikarua 1.341 30.904
Rotuma (dependencia) Injimo Managreve 46 2.810