Subdivisións de Exipto
Exipto divídese administrativamente en 27 provincias (en árabe, محافظات mohafazat; en inglés, governorates) administradas por gobernadores (mohafez) nomeados polo presidente de Exipto. Con relación á súa función xeográfica, algunhas provincias caracterízanse por unha mestura entre áreas urbanas e rurais, aínda que as hai pouco urbanas, certas provincias, como a do Cairo e Alexandría engloban só a cidade.
Por regra xeral, as provincias exipcias divídense en rexións (markaz, en árabe), excepto as provincias totalmente urbanas, que se subdividen en distritos, correspondentes aos barrios das cidades.
A maior parte das provincias de Exipto posúe unha densidade demográfica de máis de mil habitantes por km², embora*, as tres maiores en área presentan unha densidade de menos de dous habitantes por km².
No 2008 naceron dúas provincias novas: Helwan e 6 de Outubro.
Lista de provincias de Exipto
[editar | editar a fonte]No. | Nome | Área (km²) | Poboación (2006) | Capital |
---|---|---|---|---|
1 | Dakahlia | 3 471 | 4 985 187 | Almanzora[1] |
2 | Mar Vermello[2] | 203 685 | 288 233 | Hurghada |
3 | Al-Buhaira[3] | 10 130 | 4 737 129 | Damanhur |
4 | Faium[4] | 1 827 | 2 512 792 | Faium |
5 | Garbia[5] | 1 942 | 4 010 298 | Tanta |
6 | Alexandría | 2 679 | 4 110 015 | Alexandría |
7 | Ismaília[6] | 1 442 | 942 832 | Ismaília |
8 | Gizeh[7] | 85 153 | 6 272 571 | Gizeh |
9 | Monufia | 1 532 | 3 270 404 | Xibin El Kom |
10 | Minya | 32 279 | 4 179 309 | Minya |
11 | Cairo | 214 | 7 786 640 | O Cairo |
12 | Qaliubia | 1 001 | 4 237 003 | Baña |
13 | Luxor | 55 | 451 318 | Luxor |
14 | Vale Novo[8] | 376 505 | 187 256 | Kharga |
15 | Xarqiia[9] | 4 180 | 5 340 058 | Zagazig |
16 | Suez | 17 840 | 510 935 | Suez |
17 | Provincia de Assuán[10] | 679 | 1 184 432 | Assuán |
18 | Assiut[11] | 25 926 | 3 441 597 | Assiut |
19 | Beni Suef | 1 322 | 2 290 527 | Beni Suef |
20 | Porto Said[12] | 72 | 570 768 | Porto Said |
21 | Damieta | 589 | 1 092 316 | Damieta |
22 | Sinaí do Sur | 33 140 | 149 335 | el-Tor |
23 | Kafr el-Sheikh | 3 437 | 2 618 111 | Kafr el-Sheikh |
24 | Matruh | 212 112 | 322 341 | Marsa Matruh |
25 | Qina | 1 851 | 3 001 494 | Qina |
26 | Sinaí do Norte | 27 574 | 339 752 | Alarixe[13] |
27 | Sohag | 1 547 | 3 746 377 | Sohag |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forma vernácula en árabe المنصورة al-manṣūrah (en inglés, El Mansoura), que o Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa (DOELP), de José Pedro Machado, rexistra como topónimo. Este vocábulo árabe é a forma feminina de منصور manṣūr ("vencedor").
- ↑ O nome da provincia é, literalmente, "Mar Vermello", ou البحر الأحمر El Bahr El Ahmar.
- ↑ Do árabe البحيرة al-buhairâ, "lago", "lagoa". Segundo o DOELP, en portugués, o termo árabe deu orixe ao substantivo masculino "albufeira" (isto é, lagoa ou lago artificial) e a polo menos cinco topónimos en Portugal chamados Albufeira (Algarve, Borba, Elvas, Mourão e Sesimbra).
- ↑ Forma vernácula para o topónimo preconizada polo DOELP.
- ↑ Forma vernácula en árabe الغربية al-garbia ("occidental"), rexistrado polo DOELP como topónimo. O nome completo da provincia, محافظة الغربية Muhāfazat al-Gharbiyya, significa "provincia occidental".
- ↑ Forma vernácula preconizada polo DOELP. A lingua portuguesa recibiuna por intermedio do francés Ismaïlia. O nome é na honra de Ismail Paxá, quediva de Exipto.
- ↑ Segundo o DOELP, forma vernácula do árabe الجيزة al-jizâ, pronunciado guizé no Exipto. A lingua portuguesa recibiuna por intermedio do francés Guizé. Tamén son comúns en portugués a grafía e a pronuncia Gizé.
- ↑ O nome da provincia é, literalmente, "Val Novo", ou البالوادى الجديد al-Wādī al-djadīd.
- ↑ O nome completo da provincia, محافظة الشرقية Muhāfaza a-Xarqiia, significa "provincia oriental".
- ↑ Ou "Asuán".
- ↑ Única forma vernácula rexistrada pola Mirador.
- ↑ Forma rexistrada pola Mirador. O DOELP rexistra apenas a alternativa Porto Saíde. A lingua portuguesa recibiu esta forma por intermedio do francés Port-Saïd. O nome é na honra de Said Paxá, fillo de Mehemet Ali.
- ↑ Forma vernácula para o árabe العريش al-ʿArīx ("viña"), segundo o DOELP.