[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Sistema diédrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación no sistema diédrico dun «L»: Os dous debuxos da esquerda son as proxección ou vistas principais da peza, o da dereita é a vista de perfil.

O sistema diédrico é un sistema de representación xeométrica dos elementos do espazo sobre un plano, é dicir, reducindo as tres dimensións do espazo ás dúas dimensións do plano, utilizando unha proxección cilíndrica ortogonal, sobre dous planos que se cortan perpendicularmente. Para xerar as vistas diédricas, un dos planos abátese sobre o segundo.

As proxeccións diédricas ou vistas usualmente empregadas denomínanse alzado (para o proxectado no plano vertical) e planta (para o proxectado no plano horizontal). Tamén, en ocasións, engádeselle, por claridade, unha terceira proxección denominada perfil, ou proxección do plano de perfil, aínda que propiamente este plano non pertence ao sistema de representación diédrico, senón máis ben é un plano auxiliar. O sistema diédrico é o universalmente empregado en arquitectura e enxeñería especialmente nos planos de cotas e de despece.

Segundo as proxeccións estean reflectidas ou non no plano do debuxo, existen dous sistemas de representación:

  • Sistema europeo: As proxeccións recóllense tralo obxecto.
  • Sistema americano: As proxeccións reflíctense desde o obxecto.

Aínda que en ambos sistemas as proxeccións (representacións do obxecto) son exactamente as mesmas, a súa disposición no plano do debuxo é a contraria.

Planos proxectantes principais

[editar | editar a fonte]

Os dous planos proxectantes principais son o horizontal (PH) e o vertical (PV). A súa intersección forma a liña de terra (LT), onde se considera unha orixe.

Diante do plano vertical, e arriba do plano horizontal, atópase o 1º diedro ou cuadrante, delimitado polo plano vertical superior e o plano horizontal anterior. O 2º diedro abrangue o plano horizontal posterior e o vertical superior. O 3º o plano horizontal posterior (detrás) e o plano vertical inferior. E o 4º cuadrante é o que queda, plano horizontal anterior e vertical inferior. Estas catro división pódense dividir entre dous, dando lugar aos octantes, e aos planos bisectores, planos que pasan pola liña de terra formando 45º cos planos de proxección.