Section Paloise
Nome | Section Paloise | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1902 | ||
Sede | Pau, Francia | ||
Estadio(s) | Stade du Hameau | ||
Capacidade | 13.819 espectadores | ||
Presidente | Bernard Pontneau | ||
Adestrador | Simon Mannix | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2015-16 | - | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.section-paloise.com/ | |||
O Section Paloise é un equipo de rugby francés da cidade bearnesa de Pau, nos Pireneos Atlánticos, que compite na Pro D2, a segunda categoría do rugby francés. Ademais da sección de rugby consta doutras seccións deportivas: boxeo, esgrima, karate, kendo, tenis de mesa e pelota vasca.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1902 como Section Paloise de Ligue Girondine e foi renomeado Section Paloise en 1905. Xoga os seus partidos como local no Stade du Hameau cunha capacidade para 13.819 espectadores. Visten de branco e verde e está patrocinado por Total.
Na década de 1920, o rugby converteuse no deporte rei en Francia[Cómpre referencia], e o Section Paloise conseguiu gañar o campionato dese país en 1928. Mais o Section Paloise tivo que esperar ata a fin da segunda guerra mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1946).
Logo de anos de seca, o club volveu ser campión ao erguer o Escudo de Brennus en 1964.
Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Section Paloise conseguiu devir unha referencia do rugby francés e europeo entre 1996 e 2000.
Ao final da tempada 2004-05, o Pau superou o play-off fronte ao Aurillac, conseguindo permanecer no Top 14 unha tempada máis. Actualmente o club compite no Top 14.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campionatos de Francia
- Challenge Yves du Manoir
- European Challenge Cup
- Campión: 2000
- Rugby Pro D2
- Campión: 2015
Resultados nas finais
[editar | editar a fonte]French championship
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
6 de maio de 1928 | Section Paloise | US Quillan | 6-4 | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa | 20.000 |
24 de marzo de 1946 | Section Paloise | FC Lourdes | 11-0 | Parc des Princes, París | 30.000 |
24 de maio de 1964 | Section Paloise | AS Béziers-Hérault | 14-0 | Stade Municipal, Tolosa | 27.797 |
Challenge Cup
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
27 de maio de 2000 | Section Paloise | Castres Olympique | 34-21 | Stade des Sept Deniers, Tolosa | 6.000 |
21 de maio de 2005 | Sale Sharks | Section Paloise | 27-3 | The Kassam Stadium | 7.230 |