Scribus
Scribus | |
---|---|
Captura de pantalla do programa Scribus. | |
Desenvolvedor(es) | The Scribus Team |
Última versión | 1.4.7 (28 de abril de 2018) |
Repositorio | www |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Autoedición, deseño |
Licenza | GNU GPL |
Sitio web | scribus.net (en inglés) |
Scribus é un programa de código aberto para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora. Scribus está dispoñíbel en versións nativas para GNU/Linux, Unix, Mac OS X e Windows e brinda capacidades para o deseño e diagramación, similares ás ofrecidas por programas comerciais como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign.
Características
[editar | editar a fonte]A aplicación está deseñada para dar flexibilidade no deseño e a composición, ofrecendo a capacidade de preparar ficheiro para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en PDF e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse pequenos xornais, folletos, boletíns de noticias, afiches e libros.
Scribus soporta a maioría dos principais formatos gráficos ademais de SVG. As súas características profesionais para fontes e imaxes inclúen manexo de cor CMYK e administración de cor ICC. Foi desenvolvido mediante scripting usando Python e está dispoñible en máis de 24 idiomas.
A impresión realízase mediante os seus propios controladores internos de PostScript Nivel 3, incluíndo soporte para fontes incrustadas e axustes con fontes TrueType, Tipo 1 e OpenType. O controlador interno soporta plenamente construcións de PostScript Nivel 2 e un gran subconxunto de construcións de Nivel 3.
O soporte PDF inclúe transparencia, cifrado e un gran conxunto das especificacións de PDF 1.4 así como PDF/X3, incluíndo campos interactivos de formularios PDF, notas e marcas.
O formato dos seus ficheiro está baseado en XML e está totalmente documentado. Pódense importar textos de documentos OpenDocument, como RTF, Doc de Microsoft Word, e HTML (aínda que con algunhas limitacións).
Histórico de versións
[editar | editar a fonte]Orde | Data de saída | Versión | Tipo | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 9 de xuño de 2001 | 0.3 | Desenvolvedor | Primeira versión datada atopada por archive.org |
2 | 16 de xuño de 2003 | 1.0 | Estable | Primeira versión estable |
3 | 28 de outubro de 2004 | 1.2.0 | Estable | Primeira versión estable da serie verán 1.2.xx |
4 | 15 de xullo de 2005 | 1.3.0 | Desenvolvedor | Primeira versión en execución en Windows e Mac OS X |
5 | 10 de novembro de 2006 | 1.3.3.5 | Estable | Primeira versión estable da serie 1.3.x.x |
6 | 9 de xaneiro de 2007 | 1.3.3.7 | Estable | Primeira versión para OS/2 |
7 | 15 de mazo de 2007 | 1.3.3.8 | Estable | |
8 | 30 de maio de 2007 | 1.3.4 | Desenvolvedor | |
9 | 8 de xaneiro de 2008 | 1.3.3.10 | Estable | |
10 | 11 de xaneiro de 2008 | 1.3.3.11 | Estable | |
11 | 23 de xuño de 2008 | 1.3.3.12 | Estable | |
12 | 15 de abril de 2009 | 1.3.3.13 | Estable | |
13 | 20 de abril de 2009 | 1.3.5 | Desenvolvedor | |
14 | 4 de xuño de 2009 | 1.3.5 RC2 | Desenvolvedor | |
15 | 6 de xullo de 2009 | 1.3.5 RC3 | Desenvolvedor | |
16 | 8 de novembro de 2009 | 1.3.5.1 | Desenvolvedor | |
17 | 28 de xaneiro de 2010 | 1.3.3.14 | Stable | versión final da serie 1.3.3.x |
18 | 22 de marzo de 2010 | 1.3.6 | Desenvolvedor | |
19 | 5 de xuño de 2010 | 1.3.7 | Desenvolvedor | |
20 | 23 de xullo de 2010 | 1.3.8 | Desenvolvedor | |
21 | 30 de novembro de 2010 | 1.3.9 | Desenvolvedor | |
22 | 18 de febreiro de 2011 | 1.4.0 RC1 | Desenvolvedor | |
23 | 8 de marzo de 2011 | 1.4.0 RC2 | Desenvolvedor | |
24 | 27 de marzo de 2011 | 1.4.0 RC3 | Desenvolvedor | |
25 | 30 de maio de 2011 | 1.4.0 RC4 | Desenvolvedor | |
26 | 19 de outubro de 2011 | 1.4.0 RC6 | Desenvolvedor | |
27 | 1 de xaneiro de 2012 | 1.4.0 | Estable | |
28 | 30 de abril de 2012 | 1.4.1 | Estable | |
29 | 14 de janvier 2013 | 1.4.2 | Estable | |
30 | 31 de xullo de 2013 | 1.4.3 | Estable | |
31 | 29 de maio de 2014 | 1.4.4 | Estable | PDF/X-1a-Exportable |
32 | 30 de xaneiro de 2015 | 1.4.5 | Estable | Improvements in Scripter[28] |
33 | 12 de xaneiro de 2016 | 1.4.6 | Estable | Improvements in PDF-Export, soporte de SVG blend modes |
34 | 28 de abril de 2018 | 1.4.7 | Estable | Bugfix[30] Last Bugfix release of 1.4.x |
35 | Plan | 1.4.8 | Estable | new Last Bugfix |
36 | 25 de maio de 2015 | 1.5.0 | Development | Improved Document- and Graphics-Import,[34] New struktured GUI, Qt 5.2+ |
37 | 14 de febreiro de 2016 | 1.5.1 | Desenvolvemento | Novas Iconas, CIE-LAB e CIE-HLC-support, RTF- e DOCX-Importación |
38 | 17 de maio de 2016 | 1.5.2 | Desenvolvemento | Nova Textlayout-System, soporte de Hi-DPI-Monitors, máis de 300 comerciais paletas de cor en formato CIE-LAB, Improved Options para Data Security, Qt 5.3+ |
39 | 22 de maio de 2017 | 1.5.3 | Desenvolvemento | Novo motor de capas con porte para 500 Linguaxes, Qt 5.5+, Krita-Import-Filter |
40 | 28 de abril de 2018 | 1.5.4 | Desenvolvemento | Soporte para cambios de Formato (CxF), Qt 5.6+, importar filtros para QuarkXPress (v. 3 e 4) e ficheiros ZonerDraw (v. 4 e 5) , moitas melloras para PDF |
41 | Plan | 1.5.5 | Desenvolvemento | Facer-desfacer Bugfix e máis (Bugfix Roadmap with parts 1.6, 1.5.5, 1.7 e Futuros) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scribus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scribus Arquivado 09 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)