Sant Antoni de Calonge
Aparencia
Sant Antoni de Calonge é unha localidade costeira do concello de Calonge i Sant Antoni, na provincia de Xirona, Cataluña. Está situada entre Palamós ao norte e Torre Valentina ao sur.
Tiña en 2014 unha poboación de 2.736 habitantes, aínda que nos meses de verán tamén residen na localidade un gran número de turistas nacionais e internacionais.
Foi un concello independente durante a guerra civil española por decreto da Generalitat de Cataluña, recibindo os nomes de Sant Antoni de Mar e Llevantí de Mar. En 1939 foi anexionado unilateralmente polo concello de Calonge i Sant Antoni.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Antoni de Calonge |