[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Salvatore Quasimodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSalvatore Quasimodo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1901 Editar o valor en Wikidata
Modica, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de Milán Editar o valor en Wikidata
EducaciónIst. Tec. Economico A.M. Jaci (en) Traducir (–1919) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Milán
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, profesor universitario, xornalista, crítico literario, guionista, escritor, tradutor, lingüista, crítico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio Giuseppe Verdi
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoHermetismo (literatura) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaria Cumani Quasimodo (1948–)
Bice Donetti (1927–1946) Editar o valor en Wikidata
FillosAlessandro Quasimodo
 () Maria Cumani Quasimodo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Квазимодо Сальваторе)
Obálky knih,
Italian Studies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio websalvatorequasimodo.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0702976 Facebook: salvatore.quasimodo BNE: XX1724625 Musicbrainz: 29e26839-80de-42d7-bba8-9293abc7f2e3 Discogs: 857488 Find a Grave: 10438342 Editar o valor en Wikidata

Salvatore Quasimodo, nado en Modica (Sicilia) o 20 de agosto de 1901 e finado en Amalfi o 14 de xuño de 1968, foi un poeta e xornalista italiano, membro do movemento hermético. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, de profesión ferroviario, foi trasladado a Messina en 1908 pouco despois do terremoto que arrasou Modica en decembro dese ano. Nesa cidade escribiu os seus primeiros versos, con só dezaseis anos, nunha pequena revista literaria que edita xunto a uns amigos no instituto técnico onde estuda.

En 1919 mudáronse a Roma e alí Salvatore matriculouse en enxeñaría no Politécnico. As dificultades económicas obrigárono a realizar diversos traballos para poder pagar os estudos universitarios, aínda que non os chegaría a terminar. Nesa época empezou a espertar nel o interese polo grego e o latín. En 1926 trasladouse a Reggio dei Calabria, ó conseguir alí unha praza de funcionario aparellador.

A súa primeira publicación poética foi en 1930 na revista Solaria, unha colección de poemas seus co título de Acque e terre. Dous anos despois publicou Oboe sommerso, obra que espertou un grande interese na crítica literaria. A partir de 1934 viviu en Milán, onde frecuentaba os círculos literarios.

En 1938 deixou o traballo de aparellador e entrou como redactor na revista Il Tempo. Nela, á parte de encargarse da crítica teatral, revelouse como opositor ó fascismo. En 1940 publicou Lirici greci, obra en que reúne as súas traducións dos clásicos. Representaría unha etapa importante na súa produción literaria, pois mostraba nela o seu interese polo achegamento entre a poesía clásica e a contemporánea. Foi nomeado profesor do Conservatorio de Milán en 1941, e en 1942 publicou Ed è subito sera, coa que alcanza un grande éxito. A obra recollía unha antoloxía da súa produción poética até esa data.

Entre 1949 e 1958 intensificou a súa produción como tradutor. Publicou traducións do latín (Catulo), do grego (o Evanxeo de San Xoán e Sófocles) e do inglés (A tempestade de Shakespeare). A partir do fin da segunda guerra mundial a súa poesía inclúe contidos máis sociais relacionados coa situación política do seu país. En 1953 compartiu con Dylan Thomas o premio Etna-Taormina de poesía.

En 1959 recibe o Premio Nobel de Literatura. O discurso que pronuncia ante a Academia Sueca, no que defende o papel activo do poeta e da poesía na sociedade, sería publicado en 1960 xunto con outros ensaios no libro O poeta e o político. En 1960 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Messina. Durante os últimos anos da súa vida realizou un activo labor xornalístico. Publicou numerosos artigos de opinión nos cales critica de forma aceda o consumismo da sociedade moderna. Morreu en Nápoles o 14 de xuño de 1968 por mor dunha hemorraxia cerebral, e está enterrado no Cemiterio Monumental de Milán.

É posible visitar a súa casa natal, na cidade de Modica.

Poden distinguirse na poesía de Salvatore Quasimodo dúas etapas diferentes:

  • A primeira corresponde ós poemas publicados na antoloxía Ed è subito sera e á súa obra poética publicada até o final da guerra. Utiliza unha forma concisa, case minimalista, xunto cun contido fortemente simbólico. Este estilo hermético compartíao con outros poetas italianos da época como Giuseppe Ungaretti, Alfonso Gatto e Mario Luzi. Todos eles, fortemente influenciados polos poetas franceses Paul Valéry e Stéphane Mallarmé, acabarían conformando a denominada escola hermética italiana.
  • Unha vez terminada a guerra, ó desaparecer a censura, os temas da poesía de Quasimodo envórcanse na problemática social. Utiliza habilmente a analoxía entre as escravitudes humanas actuais e os mitos gregos. Abandona, entón, o hermetismo e desenvolve unha poesía máis clara e vital.
Salvatore Quasimodo en Milán, retratado por Federico Patellani en 1964

Escolmas de poesía

[editar | editar a fonte]
  • Acque e terre, Firenze, Edizioni di Solaria, 1930
  • Oboe sommerso, Genova, Edizioni di Circoli, 1932
  • Odore di eucalyptus ed altri versi, Firenze, R. Istituto di Firenze, 1933
  • Erato e Apòllìon, Milán, Scheiwiller, 1936
  • Poesie, Milán, Primi Piani, 1938
  • Ed è subito sera, Milán-Verona, A. Mondadori, 1942
  • Giorno dopo giorno, MIlano, A. Mondadori, 1947
  • La vita non è sogno, Milán, A. Mondadori, 1949
  • Il falso e vero verde, Milán, Schwarz, 1953; Milán, A. Mondadori, 1956
  • La terra impareggiabile, Milán, A. Mondadori, 1958
  • Dare e avere. 1959-1965, Milán, A. Mondadori, 1966
  • Tutte le poesie, Mondadori, Milán, 2020

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  • Petrarca e il sentimento della solitudine, Milán, Garotto, 1945
  • Scritti sul teatro, Milán, A. Mondadori, 1961
  • L'amore di Galatea, in "Sipario", a. 19 (1964), n. 224, p. 89-95.
  • Il poeta e il politico e altri saggi, Milán, Schwarz, 1967
  • Leonida di Taranto, Milán, Guido Le Noci ed., 1968; Manduria, Lacaita, 1969
  • Lettere d'amore di Quasimodo, Milán, Apollinaire, 1969
  • Renato Giorgi, Marzabotto parla. Con scritti di Salvatore Quasimodo, Bologna, Nuova Ghesa, 1970
  • Poesie e discorsi sulla poesia, Milán, A. Mondadori, 1971
  • A colpo omicida e altri scritti, Milán, A. Mondadori, 1977

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]