Sacavém
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Lisboa | ||||
Concello | Loures | ||||
Freguesía | Sacavém e Prior Velho (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.469 (2011) (4.847,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3,81 km² | ||||
Altitude | 38 m | ||||
Creación | 1191 | ||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2685 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | jfsacavem.pt |
Sacavém (do árabe: شقبان) é unha cidade de Portugal, situada na embocadura do río Texo, ao norte de Lisboa, con 17.659 habitantes e 3,81 km². Atópase a poucos quilómetros ós nordeste da capital portuguesa, Lisboa. A rexión é coñecida pola súa industria de cerámicas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localizada na parte oriental do concello de Loures, Sacavém limita coas freguesías de Unhos (noroeste), Camarate (oeste), Prior Velho (suroeste), Portela (sur) e Moscavide (sueste). Atópase bañada polos ríos Texo (polo leste) e Trancão, anteriormente chamado río de Sacavém (polo norte, separa esta freguesía da de Bobadela).
Freguesía bastante urbanizada, atópase tradicionalmente dividida en Sacavém de Cima e Sacavém de Baixo, aínda que recentemente xurdiron novas urbanizacións na cidade. Orograficamente, é un espazo pouco accidentado (ten só tres elevacións: o Monte do Convento, o Monte de Sintra e o Monte do Mocho), variando a súa altitude entre os cero e os sesenta metros.
Antigamente, a freguesía abranguía un espazo meirande, tendo perdido, ó longo do tempo, a xurisdición sobre as freguesías veciñas de São João da Talha, Bobadela, Camarate, Prior Velho, Portela, Moscavide, e Santa Maria dos Olivais. Administrativamente, antes de ser integrada no concello de Loures, formou parte do termo municipal da cidade de Lisboa, e despois (1852-1886), do concello dos Olivais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sacavém |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 12 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués)