[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

STS-58

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-58
Lanzamento da misión STS-58.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento18 de outubro de 1993, 14:53 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión14,01 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no módulo Spacelab 2.[3][6]
Regreso1 de novembro de 1993[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1993-065A

STS-58 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 18 de outubro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-58, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos biolóxicos a bordo do laboratorio Spacelab 2 e participar no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante John E. Blaha, o piloto Richard A. Searfoss, os especialistas de misión M. Rhea Seddon, William S. McArthur, David A. Wolf e Shannon W. Lucid e o especialista de carga Martin Fettman.[3][5][6][7]

Ademais do Spacelab 2, o transbordador levaba a bordo sete experimentos biomédicos relacionados coa estancia de longa duración no espazo. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 1 de novembro de 1993.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 58" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 8 June 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24327(E)). 9 de xuño de 1994: 5. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 58" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-58 - SLS-2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-58" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-58" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]