[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

SN 1572

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Casiopea feito por Tycho BraheStar, coa Supernova de 1572 etiquetada como I. Nuoa stella.
Mapa de Casiopea feito por Tycho Brahe, coa Supernova de 1572 etiquetada como I. Nuoa stella.

SN 1572 é o nome dado á supernova observada no 1572 por Tycho Brahe na constelación de Casiopea. Na actualidade é coñecida sobre todo como SN 1572 mais tamén como a supernova de Tycho ou B Cassiopeiae (B Cas). Foi unha supernova de Tipo Ia, unha das oito das que hai rexistros a ollo nu. Xurdiu en novembro de 1572 e foi notada por Brahe entre outros. Os restos foron observados de xeito óptico, pero sobre todo en lonxitudes de onda de radio. Como radiofonte é coñecida como 3C 10.[1]

A súa aparición colócase entre as observacións máis importantes efectuadas na historia da astronomía, pois axudou a revisar os antigos modelos celestes, acelerando o cambio na astronomía e a súa revolución, comezando pola necesidade de elaborar mellores catálogos estelares (que necesitaron mellores instrumentos) e a confrontación do dogma aristotélico de inmutabilidade do ceo na esfera das estrelas.

  1. Krause, Oliver; Tanaka, Masaomi; Usuda, Tomonori; Hattori, Takashi; Goto, Miwa; Birkmann, Stephan; Nomoto, Ken'ichi (2008-12). "Tycho Brahe's 1572 supernova as a standard type Ia explosion revealed from its light echo spectrum". Nature 456 (7222): 617–619. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature07608.