[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mil primaveras máis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inscricións na tumba de Álvaro Cunqueiro, no Antigo cemiterio de Mondoñedo, con referencia ó seu texto 'Mil primaveras máis'.

Mil primaveras máis é un texto de Álvaro Cunqueiro no que fai unha defensa da lingua galega[1]. Está encadrado nun discurso que deu nunha homenaxe que lle fixeron en Vigo o 24 de abril de 1980[2].

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".

— Álvaro Cunqueiro, Discurso en Vigo o 24 de abril de 1980 [3]

Amais dunha apoloxía[2], pode ser lido en clave simbólica como unha vontade colectiva do pobo galego respecto do mantemento da súa lingua propia.

É un dos textos galegos máis traducidos.[3]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

En 2019 creouse o Premios Mil Primaveras para valorar proxectos de normalización lingüística da lingua galega.[4]

  1. "Álvaro Cunqueiro/Mil primaveras máis". Biblioteca Ramón Trigo. Consultado o 19/7/2017. 
  2. 2,0 2,1 "Mil primaveras máis". Almanaque das irmandades. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 19/7/2017. 
  3. 3,0 3,1 "Mil primaveras máis". Vello Vieiros Mil Primaveras Máis. Arquivado dende o orixinal o 28/09/2020. Consultado o 19/7/2017. 
  4. "Modelo Burela, Youtubeir@s e GCiencia, entre as gañadoras dos Premios Mil Primaveras". Sermos Galiza. 27 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2019.