Michelle Perrot
Michelle Perrot, nada en París, o 18 de maio de 1928, é unha historiadora e feminista francesa, pioneira do estudo da historia das mulleres en Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É profesora emérita da Universidade París VII Denis Diderot[1], universidade para cal mudou nos anos 70 so o impacto de 1968 tras ter ensinado na Sorbonne, Francia. En 2009 gañou o Premio Femina de Ensaio[2]. Forma parte da xeración da Escola Nova Francesa de Estudos Sociais na Europa e é especialista na historia do século XIX. O artigo "Unha historia das mulleres é posíbel?" é precursor dos estudos da historia das mulleres no occidente. Defendeu súa tese de doutoramento sobre o movemento obreiro so a supervisión de Labrousse. Historiadora agregada participou ao lado de Foucault do grupo de discusión sobre as prisións. Promoveu un importante debate entre os historiadores e Michel Foucault publicado no libro que organizou "A imposíbel prisión". Dirixiu ao lado de Georges Duby a serie Historia da vida privada e Historia das mulleres no Occidente. Presente nos medios de comunicación presenta o programa semanal "Luns da Historia" na France Culture. A contribución fundamental da historiadora é a súa loita no movemento feminista demostrando que o traballo histórico tamén se fai permeado pola acción política no presente. A autora figura como unhas das máis célebres historiadoras da causa feminista, así como da vertente social da historia francesa.[3]
Recibiu de entre outros premios as condecoracións da Lexión de Honra e officier de l’Ordre national du mérite.
É membro do comité de padriños da coordinación francesa para a década da cultura da paz e da non-violencia.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]En francés:
[editar | editar a fonte]- Historia dos cuartos, París, Seuil, 2009 - Premio Femina de Ensaio 2009.
- As sombras da historia. Crime e castigo no século XIX, París, Flammarion, 2001.
- Imaxes das mulleres (con) Georges Duby, París, Plon, 1992.
- Os obreiros en folga, Mouton, 1974
Con outros autores:
[editar | editar a fonte]- Nora, P (org) Ensaios de ego-historia, Gallimard, 1987
Traducidos para o portugués:
[editar | editar a fonte]- Minha história das mulheres, Contexto, 2007.
- Mulheres ou os silêncios da História, EDUSC, 2005
- Mulheres públicas. UNESP, 1998
- Georges Duby e Michelle Perrot (dir.), História das mulheres no Ocidente, Afrontamento, 1993.
- Georges Duby e Michelle Perrot (dir), História da vida privada. Da Revolução Francesa à Primeira Guerra, vol 4. Cia das Letras ISBN 8535914366 9788535914368
- Os excluidos da história: operários, mulheres e prisioneiros. Paz e Terra, 1988
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.univ-paris-diderot.fr/sc/site.php?bc=40ans&np=PS_070711&g=m
- ↑ http://www.nonfiction.fr/article-2919-l_histoire_de_chambres_de_michele_perrot__prix_femina_essai_2009.htm
- ↑ Os excluídos da história. São Paulo: Paz e Terra, 1988.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|