Metralletas Lecheras
Metralletas Lecheras | |
---|---|
Orixe | O Milladoiro, Galicia |
Período | 2007-presente |
Xénero(s) | punk rock, garage rock, surf rock, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Bowery Recods, Pantera e Iribarne Producións |
Membros | Rafa Anido Don Camilo Zé Pequeno Rubén Domínguez |
Na rede | |
Bandcamp | |
Metralletas Lecheras é unha banda galega de punk rock baseada no Milladoiro.
Historia
[editar | editar a fonte]Metralletas Lecheras nace no ano 2007 cando Rafa Anido e Don Camilo decidiron montar un grupo. Nese momento Anido só estaba tocando en Jiménez del Oso, xa que a súa outra banda, Los Iribarnes, disolvérase pouco antes, polo que dispoñía de tempo para un novo proxecto.[1]
A banda realizou o seu primeiro concerto o 2 de maio de 2009 en Santiago de Compostela, tocando con Jiménez del Oso e Lee van Cleef. Ao pouco tempo comezaron a gravar a súa maqueta Metralletas Lecheras con Roberto Mallo, técnico de Triángulo de Amor Bizarro e en outono ingresaría no grupo Zé Pequeno (The Phantom Keys) como baixista.[1]
Metralletas Lecheras realizou en 2010 dúas sesións de gravación nos estudios Abrigueiro de Friol e tras actual en Madrid foron fichados polo selo Bowery Recods que publicou o seu primeiro álbum, Melodías Para Romanos, en marzo de 2011.[1] Os temas do traballo saíron desas sesións en Friol, agás "Tita Cervera", que foi gravado en 2009 en Vila Melocotón, Milladoiro.[2]
En novembro de 2010, antes do lanzamento do disco, entrou na banda Rubén Domínguez (Telephones Rouges, Cudevaso) para encargarse dos teclados. Nese ano as súas cancións "Peregrina" e "Atapuerca" son incluídas nos álbums recompilatorios Come on Pelegrín e Galician Bizarre respectivamente.[1][3][4]
En 2012 participaron no disco homenaxe aos Resentidos A Tribo Toda Baila: 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos, aportando o tema "Minusválida". En novembro dese ano Metralletas Lecheras publicaron o EP de catro temas Et les Filles de la Réalité, gravado no estudio A Ponte de Tomás Ageitos e no que se inclúe unha versión do temas "Mongoloid" de Devo cantada en galego e bautizada como "Mutenroi".[1][5]
A finais de 2015 o selo Pantera e Iribarne Producións publicou o EP recompilatorio Metralletas Lecheras con temas dos seus anteriores traballos, ademais de incluír a canción "Jesucristo", sinxelo editado en abril de 2012.[1] A banda presentou este lanzamento no mes de decembro no Liceo Mutante de Pontevedra xunto con Los Televisores.[6] Dende entón Metralletas Lecheras permanece inactiva.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Metralletas Lecheras | 2009 | autoeditado | maqueta |
Melodías Para Romanos | 2011 | Bowery Recods | álbum |
Et les Filles de la Réalité | 2012 | autoeditado | EP |
Metralletas Lecheras | 2015 | Pantera e Iribarne Producións | EP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Metralletas Lecheras". La Fonoteca. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Melodias Para Romanos by Metralletas Lecheras". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Come on Pelegrín, o mellor underground compostelán nun CD". Malmequer. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Galician Bizarre". Discogs. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Et Les Filles De La Réalité by Metralletas Lecheras". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Festa honrando a segunda referencia do selo Pantera e Iribarne". Facebook. Consultado o 20 de setmbro de 2018.