[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Martes de Pascua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O martes de Pascua é o día seguinte ao Luns de Pascua. É o terceiro día da Oitava de Pascua, popularmente coñecida como semana de Pascua.

Celebracións

[editar | editar a fonte]

En Galicia, é festivo local en Monforte de Lemos, onde se dedica este día á renovación do voto por parte do Alcalde e dos monfortinos en xeral á patroa, a Virxe de Montserrat. Destacan a misa de renovación do voto, a procesión, e a bendición dos campos. En Tirán, parroquia de Moaña (Pontevedra) celébrase o Cristo das Boas Augas, dentro das festas da Virxe dos Remedios.

Ata o século XX foi festivo tamén no País Valenciano. Era un dos tres días da Pascua valenciana, nos que eran moi típicas as visitas ao campo para comer a mona con familiares ou amigos. Orixinariamente o único día festivo completo era o Domingo de Resurrección, mentres que o luns e martes de Pascua eran festivos pola tarde. Posteriormente adoptouse tamén o luns de Pascua como festivo completo, mentres que o martes perdeuse. Nalgunhas localidades valencianas mantense o festivo local, como en l'Alcora ou Mareny de Barraquetes.

Tamén é festivo en Chipre, e malia non ser festivo, tamén é celebrado en Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]