[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Maratón Internacional de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaMaratón Internacional de Praga
Imaxe
TipoMaratón Editar o valor en Wikidata
EpónimoPraga Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónPraga (República Checa) 50°05′15″N 14°25′17″L / 50.0875, 14.4214 Editar o valor en Wikidata
PaísRepública Checa Editar o valor en Wikidata
Vixencia1995 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrunczech.com Editar o valor en Wikidata


Liña de meta na edición de 2008.

O Maratón Internacional de Praga, coñecido por motivos de patrocinio por Volkswagen Prague Marathon celébrase anualmente na cidade de Praga (República Checa). A competición naceu en 1995 e medrou ata converterse nun importante maratón, conseguindo o status de IAAF Gold Label.[1] De acordo cos medios de comunicación, é o maratón máis internacional do mundo, con dous terzos dos seus corredores procedentes de 55 países. O maratón de Praga é tamén o sétimo máis rápido e foi votado como o máis fermoso do mundo.[2]

O Maratón de Praga ten lugar durante unha fin de semana completa e comprende varios eventos, incluíndo o Volkswagen Prague Marathon, o Volkswagen Family Minimarathon 4,2 km, o Allianz Eco Walk 2 km, e o evento de patinaxe In-line party de 6,5 km. O Hervis Prague Half Marathon, que tamén ten o status IAAF Gold Label, celébrase cada mes de marzo ou abril.[3]

Dende a súa creación en 1995, a carreira masculina foi dominada polos atletas do leste de África, en particular cos atletas kenyatas, que gañaron un total de 13 títulos. O portugués Hélder Ornelas converteuse no primeiro e único europeo en gañar o Maratón de Praga en 2007. As campioas da carreira proceden principalmente de Rusia e Kenya, sendo a belarusa Elena Vinitskaya a corredora con máis vitorias da historia da carreira con tres vitorias consecutivas entre 1996 e 1998. Eliud Kiptanui é o atleta que posúe na actualidade o récord masculino cunha marca de 2:05:39 horas, mentres que Lydia Cheromei posúe o récord feminino cunha marca de 2:22:34 horas.[4]

Gañadores/as

[editar | editar a fonte]
Posto de avituallamento na edición de 2010.

Lenda:

Récord
Carreira do Campionato da República Checa
Edición Ano Men's winner Tempo (h:m:s) Women's winner Tempo (h:m:s)
I 1995 Tumo Turbo 2:12:44 Svetlana Tkach 2:39:33
II 1996 Kenya William Musyoki 2:12:21 Belarús Elena Vinitskaya 2:37:33
III 1997 Kenya John Kagwe 2:09:07 Belarús Elena Vinitskaya 2:32:58
IV 1998 Kenya Elijah Lagat 2:08:52 Belarús Elena Vinitskaya 2:34:25
V 1999 Kenya Eliud Kering 2:11:19 Italia Franca Fiacconi 2:28:33
VI 2000 Kenya Simon Chemoiywo 2:10:35 Alina Ivanova 2:27:42
VII 2001 Tanzania Andrea Sambu Sipe 2:10:14 Italia Maura Viceconte 2:26:33
VIII 2002 Kenya Henry Tarus Kiprotich 2:11:41 Alevtina Ivanova 2:32:24
IX 2003 Kenya Willy Cheruiyot Kipkirui 2:11:56 Kenya Anne Jelegat Kibor 2:31:10
X 2004 Kenya Barnabas Kipkoech 2:12:15 Leila Aman 2:31:48
XI 2005 Kenya Stephen Cheptot Matebo 2:10:42 Kenya Salina Kosgei 2:28:42
XII 2006 Qatar Mubarak Hassan Shami 2:11:11 Alina Ivanova 2:29:20
XIII 2007 Portugal Hélder Ornelas 2:11:49 Nailiya Yulamanova 2:33:10
XIV 2008 Kenya Kenneth Mburu Mungara 2:11:06 Nailiya Yulamanova 2:31:43
XV 2009 Kenya Patrick Ivuti Mukutu 2:07:48 Ucraína Olga Glok 2:28:27
XVI 2010 Kenya Eliud Kiptanui 2:05:39 Kenya Helena Kirop 2:25:29
XVII 2011 Kenya Benson Barus 2:07:07 Kenya Lydia Cheromei 2:22:34
XVIII 2012 Deressa Chimsa 2:06:25 Kenya Agnes Kiprop 2:25:40
Lista de gañadores

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]