[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mar Xónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar Xónico
(el) Ιόνιο Πέλαγος
(it) Mare Ionio Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar marxinal
conca fluvial Editar o valor en Wikidata
EpónimoIo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deMediterráneo oriental Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAlbania, Italia e Grecia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°N 19°L / 38, 19
Comparte fronteira conStrofylia forest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade5.267 m Editar o valor en Wikidata

O Mar Xónico (grego: Ιόνιο Πέλαγος, Iónio Pélagos, italiano: Mar Ionio, albanés Deti Ion) é unha baía alongada do mar Mediterráneo, ao sur do Mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluíndo a Calabria e máis Sicilia, e a leste polo sur de Albania e polo noroeste de Grecia, en especial as Illas Xónicas.

Todas as illas principais no mar pertencen a Grecia. Son denominadas colectivamente as Illas Xónicas, as principais son Corfú, Cefalonia, Zakynthos, Lefkada e Ítaca. Hai rutas de transbordadores entre Patras e Igoumenitsa en Grecia e Brindisi e Ancona en Italia, que cruzan o leste e norte do mar Xónico e desde O Pireo cara ao oeste. A fosa Calypso, o punto máis profundo do Mediterráneo con 5.267 m. de profundidade, está situado no Mar Xónico, en 36°34′N 21°8′L / 36.567, -21.133.[1][2] O mar é unha das áreas máis sismicamente activas do mundo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Límites do mar Xónico. As liñas vermellas definen os bordos I.H.O.

O nome "Ionian" provén do idioma grego Ἰόνιον (πέλαγος). A súa etimoloxía é descoñecida.[3] Antigos escritores gregos, especialmente Esquilo, ligárono co mito de Io. No grego antigo, o adxectivo "Ionios" ( Ἰόνιος) usouse como un epíteto para o mar porque Io nadou a través del.[4][5][6] De acordo co "Oxford Classical Dictionary", o nome pode derivarse dos Ionians que navegaron cara ao oeste.[7] Tamén había relatos sobre outras figuras epónimas lendarias,[8] segundo unha versión, Ionius era fillo de Adrias (epónimo para o Mar Adriático). Segundo outra, "Ionius" era un fillo de Dyrrhachus.[9] Cando Dyrrhachus foi atacado polos seus propios irmáns, Hércules, que estaba pasando pola zona, acudiu na súa axuda, pero na loita o heroe matou o fillo do seu aliado por erro. O corpo foi botado á auga, e posteriormente chamouse Mar Xónico.[9]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O mar Xónico separa a península italiana e Sicilia a oeste de Albania e de Grecia ao leste. Xúntase ao mar Tirreno polo Estreito de Messina e ao mar Adriático polo canal de Otrante.

Deu o seu nome ás Illas Xónicas, arquipélago ao largo de Albania do Sur e de Grecia. Engloba o golfo de Tarento na Italia do Sur.

Extensión

[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Xónico como segue:[10]

No norte. Unha liña que vai desde a desembocadura do río Butrinto (39° 44'N) en Albania, ata o cabo Karagol en Corfú (39° 45'N), ao longo da costa norte de Corfú ao cabo Kephali (39° 45'N) e desde alí ao Cabo Santa Maria di Leuca en Italia.
No leste. Desde a desembocadura do río Butrinto en Albania baixando á costa do continente ata o Cabo Matapan.
No sur. Unha liña desde Cabo Matapan ata Cabo Passero, o punto sur de Sicilia.
Occidente. A costa leste de Sicilia e a costa sueste de Italia ao cabo Santa Maria di Leuca.
Gjipe no sur de Albania onde o Mar Adriático atopa o mar Xónico
O mar Xónico, vista desde a illa Lefkada, Grecia

De sur a norte no oeste, entón de norte a sur no leste:

Golfos e estreitos

[editar | editar a fonte]

Na Antigüidade, os colonos gregos pasaban polo mar Xónico de camiño da Magna Grecia (a península italiana).

Era o principal mar onde se comerciaba entre Grecia e Antiga Roma na antigüidade.

  1. Gade, Martin (15 de marzo de 2008). "The European Marginal and Enclosed Seas: An Overview". En Barale, Vittorio. Remote Sensing of the European Seas. Springer Science+Business Media. pp. 3–22. ISBN 978-1-4020-6771-6. LCCN 2007942178. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  2. "NCMR - MAP". National Observatory of Athens. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2009. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  3. Babiniotis, Lexiko tis Neoellinikis Glossas.
  4. Jakub Pigoń (18 de decembro de 2008). The Children of Herodotus: Greek and Roman Historiography and Related Genres. Cambridge Scholars Publishing. p. 114. ISBN 978-1-4438-0251-2. 
  5. LSJ, A Greek-English Lexicon s.v. Ἰόνιος Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
  6. John Freely (30 de abril de 2008). The Ionian Islands: Corfu, Cephalonia and Beyond. I.B.Tauris. p. 10. ISBN 978-0-85771-828-0. 
  7. John Keahey (15 de xullo de 2014). A Sweet and Glorious Land: Revisiting the Ionian Sea. St. Martin's Press. p. 116. ISBN 978-1-4668-7603-3. 
  8. Charles Anthon (1869). A Classical Dictionary Containing an Account of the Principal Proper Names Mentioned in Ancient Authors [and Intended to Elucidate All the Important Points Connected with the Geography, History, Biography, Mythology, and Fine Arts of the Greeks and Romans: Together with an Account of Coins, Weights, and Measures, with Tabular Values of the Same.]. Harper [& Brothers]. p. 679. 
  9. 9,0 9,1 Gocha R. Tsetskhladze (2008). Greek Colonisation: An Account of Greek Colonies and Other Settlements Overseas. BRILL. p. 157. ISBN 90-04-15576-7. 
  10. Limits of Oceans and Seas (PDF) (3rd ed.). Organisation hydrographique internationale. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]