Manuela Carmena
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuela Carmena Castrillo 9 de febreiro de 1944 (80 anos) Madrid, España |
Alcaldesa de Madrid | |
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019 ← Ana Botella – José Luis Martínez-Almeida → | |
Concelleiro de Madrid | |
13 de xuño de 2015 – 1 de xullo de 2019 – Carolina Pulido → | |
Vogal do Conselho Geral do Poder Judicial (pt) | |
26 de xullo de 1996 – 7 de novembro de 2001 | |
Datos persoais | |
Relixión | Agnosticismo |
Educación | Universidade de Valencia - licenciatura en Dereito (–1965) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xuíza, escritora, política, avogada |
Partido político | Ahora Madrid (2015–) Partido Comunista de España (1965–1981) |
Membro de | |
Participou en | |
25 de febreiro de 2020 | Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada |
13 de novembro de 2019 | Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña |
Premios | |
Manuela Carmena Castrillo, nada en Madrid o 9 de febreiro de 1944[1], é unha xurista española e xuíza emérita do Tribunal Supremo, que foi alcaldesa de Madrid dende o 13 de xuño de 2015 até o 15 de xuño de 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como avogada, e canda outros militantes comunistas, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha, en Madrid, escenario da coñecida matanza de Atocha[2].
Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Esquerda Unida e unha das fundadoras da asociación progresista Jueces para la Democracia. En setembro de 2011 foi designada asesora do Goberno vasco presidido polo socialista Patxi López sobre atención ás vítimas de abusos policiais. Retirada da xudicatura dende 2010, Carmena en 2015 era membro do padroado da Fundación Alternativas, un think tank próximo ao PSOE.
Alcaldesa de Madrid
[editar | editar a fonte]En 2015 presentouse como candidata ás primarias da candidatura Ahora Madrid[3] para as eleccións municipais de Madrid dese mesmo ano e foi elixida cabeza de lista cun 63 % dos votos.[4]
Nas eleccións do 24 de maio a lista que encabezaba obtivo ao redor dun 31,85% dos votos e 20 concelleiros, quedando en segundo lugar por detrás da lista do Partido Popular encabezada por Esperanza Aguirre, que obtivo un concelleiro máis. Por primeira vez dende 1983 os partidos de esquerda tiñan maioría no pleno madrileño, polo que o 13 de xuño de 2015 foi elixida alcaldesa tras logralo apoio dos 9 concelleiros do PSOE encabezado por Antonio Miguel Carmona[5]. Desta forma, estableceu un goberno monocolor en minoría, con apoios puntuais dos socialistas. Foi o primeiro goberno de esquerdas en Madrid dende 1989, sendo unha das caras máis visibles da entón denominada "política do cambio".
En setembro de 2018 anunciou a súa intención de aspirar a un novo mandato como alcaldesa á fronte dunha nova candidatura electoral para as municipais de maio de 2019[6]. En novembro de 2018 presentó a plataforma Más Madrid como base para dita candidatura electoral[7].
Nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 a lista de Más Madrid que encabezaba foi a candidatura máis votada con 19 concelleiros, 1 menos que á fronte de Ahora Madrid. Nesta ocasión as forzas de dereitas recuperaron a maioría, polo que perdeu a alcaldía en favor do candidato do Partido Popular José Luis Martínez-Almeida, o cal foi investido alcalde o día 15 de xuño de 2019 tras logralo apoio de Ciudadanos e Vox. Dous días despois, o 17 de xuño, Carmena renunciou á súa acta de concelleira[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La exjuez Manuela Carmena, candidata de Podemos en Madrid, nova aparecida en El País o 10 de marzo de 2015. (en castelán)
- ↑ Cadena Ser. "Se cumplen 35 años del asesinato de los abogados de Atocha, Entrevista en Hoy por hoy de Cadena Ser (24-1-2012) (en castelán)". Consultado o 07/04/2015.
- ↑ eldiario.es (ed.). "O partido co que se presentará Ganemos Madrid non terá vida orgánica".
- ↑ Roberto Bécares (30 de marzo de 2015). El Mundo, ed. "Manuela Carmena, cabeza de lista de Podemos+Ganemos Madrid".
- ↑ elpais.com (ed.). "Pacto do PSOE e Ahora Madrid para que Manuela Carmena sexa alcaldesa".
- ↑ Jiménez Barca, Antonio (9 de septembro de 2018). "Carmena se presentará de nuevo a la alcaldía de Madrid". El País.
- ↑ Rodríguez-Pina, Gloria (22 de novembro de 2018). "Carmena presenta Más Madrid, la plataforma con la que concurrirá a las elecciones". El País.}}
- ↑ "Carmena renuncia a su acta de concejal: "Yo ya no soy nadie"". El Mundo. 17 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista en Para Todos La 2 (28-4-2014) (en castelán)
- Entrevista en Pido la Palabra de Canal Sur (16-4-2013) (en castelán)
- Entrevista en Hoy por hoy de Cadena Ser (24-1-2012)
Predecesor: Ana Botella |
Alcaldesa de Madrid 2015 - 2019 |
Sucesor: José Luis Martínez-Almeida |