[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Manuel Gómez Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Gómez Varela
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
O Penso, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1952 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesFera Brava
Manolo do Penso Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro, maquis Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Cronoloxía
21 de xullo de 1939-23 de xullo de 1939evasión do bou Ramón Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7812 Los de la sierra: 3246

Manuel Gómez Varela, Fera Brava ou Manolo do Penso, nado no Penso (Franza, Mugardos) en 1911 e finado en agosto de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xornaleiro, operario do Seixo en Mugardos. Na República militou no Partido Galeguista, do que foi secretario de organización, e estaba afiliado á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. En xullo de 1939 fuxiu a Francia desde Ares con 26 compañeiros e compañeira na evasión do bou Ramón. Confinado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer, foi devolto ás autoridades franquistas pola policía de Vichy en xaneiro de 1941. Condenado, estivo cinco anos na cadea. Ao saír en liberdade colaborou como enlace coa guerrilla e incorporouse ao monte en 1948 integrándose no destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi executado polos seus compañeiros en agosto de 1952.[2]

  1. Cilia Torna (19 de agosto de 2018). "Manuel Gómez Varela: un militante nacionalista na guerrilla antifascista". Sermos Galiza. 
  2. Ermida Meilán, Xosé Ramón (23 de decembro de 2021). "Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza". Nós Diario.