Manuel Bergueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1898 A Consolación, España |
Morte | 26 de febreiro de 1985 (86 anos) Oviedo, España |
Formación profesional | Maxisterio |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, mestre |
Membro de | |
Xénero artístico | Narrativa e teatro |
Manuel Bergueiro López, nado na Consolación (Tabeirós, A Estrada) o 11 de setembro de 1898 e finado en Oviedo o 26 de febreiro de 1985, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou en 1913 na Escola Normal de Santiago de Compostela onde estudou a carreira de Maxisterio. En 1921 obtivo unha vacante no padroado das Escolas Barcalesas. Posteriormente foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias. Colaborou en moitos xornais como El Agrario Barcalés, El Emigrado, El Compostelano, El País Gallego, Faro de Vigo, Vida Gallega, Vida Escolar.
En 1927, co número 29 da Colección Lar, publicou A pecadenta silenzosa. En 1930 publicou Ollo cos estudantes, versión escénica dun episodio da novela anterior, que terá continuación noutras pequenas pezas en castelán: Trampa adelante e Engaño sobre engaño.
Tamén escribiu en castelán Jovellanos en la pedagogia española e Rosiña de Tabeirós. Usaba os pseudónimos de Manuel de Vicenta e Rogueiber.
Ingresou como académico correspondente na Real Academia Galega en 1958.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1928 casou en Taboada coa mestra Elena Aragón Álvarez, e foi pai da tamén mestra Elena Bergueiro Aragón.
Obra
[editar | editar a fonte]- A pecadenta silenzosa, 1927 (novela histórica).
- Ollo cos estudantes, 1930 (teatro).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Bergueiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 142.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Bergueiro López na páxina web do concello da Estrada.