[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mandato do Ceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O mandato do Ceo foi un concepto estendido nos países do Leste, sobre todo da China, o que xustifica o acceso ó poder dunha persoa e a súa transferencia a outros.

O «Mandato do Ceo», mandato celeste ou mandato celestial (en chinés: 天命; Tian Ming) foi un principio empregado para xustificar o poder do emperador da China e para explicar a conveniencia do cargo. Segundo esta crenza, o Ceo confería o seu mandato a un gobernante xunto, chamado o Fillo do Ceo. O mandato do ceo depende da virtude do emperador; se este non cumpre as súas obrigas como emperador, perde o mandato e, polo tanto, o dereito a ser emperador. O mandato do Ceo é transferido entón a quen fose mellor para esta posición e este tiña o poder de transferir os títulos a outros. O feito de que un gobernante fose derrocado era interpretado como unha indicación de que o gobernante perdera o mandato do Ceo. Ademais, foi tamén unha crenza común de que os desastres naturais, tales como a fame e inundacións, foron outros sinais do desacordo do Ceo co gobernante presente, polo tanto, moitas veces foron seguidos por revoltas dos cidadáns que estaban a interpretar os acontecementos ambientais como sinais de protesta do Ceo.[1]

O mandato do Ceo non require que un gobernante lexítimo sexa de familia nobre, e as dinastías moitas veces tiñan a súa orixe en persoas comúns (como a dinastía Han, e a Ming). O mandato do Ceo non tiña ningunha limitación temporal, só dependía da actuación xusta e capaz do gobernante e dos seus herdeiros. Ó longo da historia da China, os períodos de pobreza e desastres naturais, moitas veces coincidiron con cambios dinásticos xa que se considerou que o gobernante non era digno e era preciso que fose substituído.

O concepto do mandato do Ceo foi empregado por primeira vez para apoiar o reinado dos reis da dinastía Zhou (1046-256 aC) e o correspondente colapso da dinastía anterior, a Shang (1600-1046 ac). Ó longo da historia da China foi aplicada para o mandato dos emperadores, incluíndo as monarquías dos outros grupos étnicos diferentes dos han, como no caso da dinastía Qing. Este concepto foi aplicado tamén nos países veciños da China, como Corea e Vietnam.[2] Unha situación semellante ocorreu dende o establecemento do reinado de Ahom no reino de Assam , no sueste de Asia.

  1. Szczepanski, Kallie (4 de decembro de 2014). "What Is the Mandate of Heaven in China?". About Education. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  2. Jenkins, Brian (5 de decembro de 2015). "Why the North Vietnamese will keep fighting" (PDF). RAND. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]