Madame Bovary
Madame Bovary | |
---|---|
Portada da primeira edición de 1857. | |
Título orixinal | Madame Bovary |
Autor/a | Gustave Flaubert |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Michel Lévy Frères Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1857 1994 |
Páxinas | 368 (gl) |
ISBN | ISBN 84-7154-900-X |
Tradución | Antonio Pichel |
[ editar datos en Wikidata ] |
Madame Bovary[1] é unha novela escrita por Gustave Flaubert. Publicouse por entregas en La Revue de Paris dende o 1 de outubro de 1856 até o 15 de decembro do mesmo ano; e en forma de libro, en 1857.
Foi traducida ó galego por Antonio Pichel e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1994.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2]
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]A orixe do realismo, movemento da segunda metade do século XIX, atópase intrinsecamente ligado á novela épica, á novela naturalista e á novela máxica. Ademais de ser unha das seleccións literarias por excelencia no xénero do chamado romanticismo tardío, Madame Bovary constitúe un dos puntos de referencia para o movemento do realismo.
Porén, a historia tamén se acha estreitamente unida ó que se coñeceu como a novela alegórica, sendo tamén unha crítica á sociedade burguesa do século XIX, posterior á Revolución Francesa e ó goberno absolutista de Napoleón en Francia. Esta obra desenvolveuse en devanditos anos
En tres partes, cunha incrible agudeza literaria, Gustave Flaubert amósanos o seu punto de vista sobre a vida da sociedade de alto rango na Francia do temperán século XIX, ó casar o personaxe principal con alguén que nada lle ofrece máis que exhibila coma se fose un trofeo. Madame Bovary é, pois, máis que unha novela, un retrato fiel e un paradigma para a literatura realista e universal e para a filosofía francesa dos séculos XIX a XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Madame Bovary. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1994. ISBN 84-7154-900-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Madame Bovary. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-181-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madame Bovary |