[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mac OS X Leopard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mac OS X Leopard
Desenvolvedor(es)Apple Inc.
Sitio webwww.apple.com/support/leopard/

Mac OS X Leopard (versión 10.5) é a sexta versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. para ordenadores Mac. Leopard foi lanzado o 26 de outubro de 2007 como sucesor de Mac OS X Tiger, e está dispoñible en dúas edicións: unha versión de escritorio apta para ordenadores persoais e unha versión para servidor, Mac OS X Server. Vendouse por 129 $[1] para a versión de escritorio e 499 $ para o servidor.[2] Leopard foi substituído por Mac OS X Snow Leopard (versión 10.6) en 2009. Mac OS X Leopard é a última versión de macOS que admite a arquitectura PowerPC xa que o seu sucesor, Mac OS X Snow Leopard, funciona unicamente en Macs baseados na arquitectura de Intel.

Steve Jobs declarou que Apple tiña a intención de lanzar Leopard a finais de 2006 ou principios de 2007.[3] A data moveuse a primavera de 2007; con todo, o 12 de abril de 2007,[4] Apple emitiu un comunicado de que o seu lanzamento sería atrasado ata outubro de 2007 debido ao desenvolvemento do iPhone.[5]

Características

[editar | editar a fonte]

Estes son os 8 puntos principais que destacou Apple no lanzamento:

  • Time Machine: A posibilidade de poder volver no tempo a unha versión específica dos contidos dun cartafol, do disco duro completo, dun só arquivo, dun rolo de fotos en iPhoto etc.
  • Mail 3: A terceira versión deste programa de correo electrónico de Apple agora inclúe Notas e To-Do (listas de cousas por facer), así como varios modelos para enviar correo electrónico HTML.
  • iChat: Á parte da posibilidade de chatear con pestanas ou de ter iconas animadas, agora téñense moitas funcións adicionais para os vídeochats. Desde presentar vídeos, compartir o escritorio...
  • Spaces: Múltiples escritorios virtuais.
  • Dashboard: Trae unha ferramenta chamada Dashcode para crear Widgets facilmente. Adicionalmente Safari ten un botón Webclip que permitirá tomar calquera fragmento dunha páxina que se estea vendo e convertela nun Widget.
  • Accesibilidade: Máis melloras nas funcións de accesibilidade para que todos poidan usar un Mac. A maior delas sendo un gran avance nas funcións de texto-a-voz cunha nova voz sintetizada chamada Alex, que ata pode falar claramente a altas velocidades. Ademais, trae soporte para pantallas braille.
  • 64 bits: Tiger foi o primeiro sistema operativo de Apple en empezar a sacarlle proveito ao poder dos procesadores de 64-bit. Leopard dá o próximo salto entregando máis partes optimizadas do sistema operativo, así como a capacidade de que outras capas do sistema (e non só a capa UNIX) poidan facer uso de masivas cantidades de memoria.
  • Core Animation: Así como Core Video, Core Image e Core Audio simplificaban que calquera desenvolvedor sacase o máximo proveito a funcións de vídeo, 2D e son, respectivamente, agora Core Animation fai o mesmo con animacións; o que significa que xunto con Leopard chegará unha xeración de aplicacións cheas de efectos 3D. Agora os efectos 3D na interface non son de uso exclusivo do sistema operativo ou de quen saiban usar OpenGL. Segundo Apple, estes noOS efectos incluídos correrán sobre calquera Mac vendido nos últimos 2 anos.
  1. "Apple to Ship Mac OS X Leopard on October 26". apple.com. Consultado o 2007. 
  2. "Apple Announces Mac OS X Server Leopard". apple.com. Consultado o 2007. 
  3. "Apple's Intel switch: Jobs' keynote transcript". news.com. Consultado o 2005. 
  4. "Live from WWDC 2006: Steve Jobs keynote". engadget.com. Consultado o 2006. 
  5. "Apple Statement". biz.yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 2007. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.